jueves, 8 de febrero de 2007

Outra de anuncios

O fío dos anuncios chinos para a prevención da SIDA dos que falabamos o outro día, a Gata Vagabunda mencionou outra campaña máis directa e agresiva se cabe. Neste caso son uns carteis franceses que xa teñen un par de anos, pero hai que recoñecer que son impactantes (pincha para ampliar).


Polo que vin nos comentarios hai quen di que se fai unha perversión identificando sexo con perigo. Non o creo, só hai que ver o lema "Sen preservativo, é co SIDA con quen estás facendo o amor".

2 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

A campaña paréceme boa por partida doble: impacta e transmite a súa mensaxe eu creo que de forma inequívoca; e tamén dende o punto de vista artístico: menudo toque glamuroso que teñen os dous modelos e os seus apartamentos...

chexire dijo...

Refíreste ós modelos de carne e oso, ¿non?