Mostrando entradas con la etiqueta Trebellos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trebellos. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de febrero de 2007

Saba para solteiros

Post especial para San Valentín, +1 día.

Se es dos que lles tocou o día de onte a soas e a dúas velas, seguramente acabaches ata os mismísimos de tanta rosiña pola rúa, de tanto almíbar e de tanta parelliña acaramelada.

Pero non te preocupes, que tamén hai quen pensa en ti. Aquí tés esta magnífica saba para solteiros. Non da calorciño (para iso necesitas un edredón de plumas) pero algo é algo, ¿non?

jueves, 11 de enero de 2007

Despois da resaca, reflexión sobre o iPhone

Seguindo coa resaca que nos deixou Steve Jobs e unha vez pasado o subidón de coñecer o gadget do ano (e iso que só levamos 11 días), toca reflexión. Non me retracto do que dixen despois da keynote. O iPhone vai supoñer unha revolución na usabilidade dos dispositivos móbiles e obrigar ós grandes fabricantes a poñerse as pilas para que o recén chegado non lle coma as papas (polo menos as mediáticas). E

Pero unha vez dito esto, non é ouro todo o que reluce. Recoméndoche que lle botes unha visual a este post de Xataka. Pola miña parte, só farei unha breve comparación co outro mobil hipermegafuturista agardado para o 2007, o nokia N95, eclipsado vilmente pola trebello da mazán.


Conectividade
O N95 disfruta de conectividade total, GSM, 3G, 3.5G, EDGE... mentres que o iPhone non ten nin 3G. A cambio ten Wi-fi, pero parece claro que a política de Apple é chegar a acordos coas compañías de telecomunicacións, polo que dubido que vaian explotar o negocio da voz sobre IP.
Todo o contrario de Nokia, que parece apostar cada vez máis por esta vía.

Multimedia e integración
o iPhone presentouse como o trebello total, un auténtico ipod (non un mobil con funcións mp3) capaz de reproducir películas, recibir TV e navegar facilmente por internet. Polo visto durante a keynote, isto non llo quita ninguén. ¿Pero que hai do resto? ¿Fotografía e video? Ten cámara de 2 megapíxels, pero seguramente non pase de ser normaliña (senón adicaríanlle atención especial durante a presentación) e sobre o vídeo non se dixo nada de nada.

En cambio, a cámara de 5 Mp con lente Carl Zeiss, flash, autofocus, grabación vídeo a calidade DVD (sinceramente, isto terei que velo cos meus propios ollos...) fixo as delicias na última feira Fotokina. Súmalle o GPS e unha boa xestión de arquivos e tés un auténtico ordenador de bolsillo orientado ó ocio. Neste sentido, hai que darlle a razón ós que afirman que Apple non aporta nada novidoso.

De servicios integrados os dous son la crême de la crême, con integración directa con contas yahoo, flickr e google maps...

Experiencia, usabilidade e interface
Sen dúbida, a gran revolución de Apple. De repente, todo o que Nokia vendía hai tan só unhas semanas como futuro aparece como se Steve Jobs saíse dun DeLorean con condensador de fluzo. Se eu fose o deseñador de interfaces dos finlandeses (ou de motorola, ou de samsung, ou de sony-ericsson...) sentiríame bastante humillado. A revolución do doble slider do n95 con teclado tradicional a un lado e teclas multimedia ó outro parece de chiste comparada cos controis tactiles do iPhone. Non vou insistir no tema. Hai suficientes análises e vídeos na rede para ver que Apple lles pegou a todos unha sonora patada onde máis doe.

Pero tamén hai puntos negros. Se hai tecnoloxía barata para as pantalla táctiles, ¿por que non estamos rodeados delas? Moi espectacular, si pero teclear un SMS sobre unha pantalla chea da graxa inherente ós dedos non debe ser tan sinxelo.

Sistema operativo
A seguridade, sinxeleza e elegancia de Mac OS X fronte a robustez e experiencia de Symbian. Seguramente o sistema operativo de Apple sexa máis versatil, pero haberá que ver como se adapta a un aparello móbil. Salvo a opción dos widgets, non sei se aportará moitas novidades reais sobre o symbian do "nPhone".

Deseño
Cuestión de gustos, pero digan o que digan, non hai quen lle discuta a supremacía a Apple (aínda que o iPhone quedou algo maís tocho do que eu agardaba). Nokia necesita un novo deseñador que ventile o aspecto algo tosco das súas liñas de producto.

Relación calidade/prezo:
iPhone: 500/600 $ con contrato de permanencia de 2 anos
N95: 550€ libre (ou iso apuntan tódolos rumores).

Que cada quen decida. Eu dende logo creo que Nokia ofrece máis por menos (pero máis feo e menos intuitivo, iso si). Toda esa pasta nun móbil debería deixarche a cambio o último do último, e Apple non o conseguíu. Con todo o que hai no mercado fixo un coctel precioso que debe marcar o camiño a seguir por todos, pero aínda non é a meta. Ben pensado e meditado, quédome co "NPhone".




Ah, un detalle mínimo e insignificante. Os dous están fóra do meu alcance, e este post kilométrico pode verse motivado pola carraxe de non poder ter ningún dos dous. Grrrrr.


martes, 9 de enero de 2007

iPhone e o condensador de fluzo

Non son maqueiro, nin me cae especialmente ben Apple. De feito, cáeme bastante mal. Escapo do binomio iPod/iTunes e non comparto ese dogma case universal da superioridade mac.

Pero hai que recoñecelo, o iPhone é a revolución que necesitan os dispositivos móbiles. Fácil, sinxelo, intuitivo e tremendamente bonito, tanto que meu samsung que acaba de cumprir un ano parece sacado do museo de historia natural. Teléfono, música, fotos, internet... todo a un clic, en apenas 10 mm de ancho.

Dubido moito que chegue a ter un entre as miñas mans (polo menos, adquirido legalmente...) pero espero que os fabricantes se poñan as pilas e que o futuro estea un día máis preto.





jueves, 28 de diciembre de 2006

Playstation 9

¿Agardando aíndapola Playstation 3? Non sexas carca, iso xa non se leva. Bótalle un vistazo ó futuro...

Ano 2078, chega a Playstation 9 (en marzo/abril, máis ou menos...).





Con algo de sorte, daremos chegado ata alá para lembrar o pouco que valemos como videntes ;)

Vía: Xataka

viernes, 22 de diciembre de 2006

O gadget da túa vida.

Fin de decembro e xa sabes, momento de facer listas co mellor e o peor do ano, do século, da historia e do que se poña por diante. En Wired publican unha cos 10 gadgets que cambiaron o mundo.


Sei que é cousa miña, pero sempre pensei nos "gadgets" como trebellos portátiles (o típico walkman, a gameboy...) así que me cust adefinir como tal algúns destes mastodontes. En todo caso, admito "pulpo como animal de compañía.

¿Botades algún en falta? E máis importante aínda... ¿Hai algún gadget/aparato electrónico/tecnolóxico que de verdade vos cambiara a vida?

Eu pediríame a calculadora científica que usaba nos exames nas clases de física no instituto. Funcionaba tan mal que acabei de xornalista...

__
Vía: Microsiervos

Cargadores universais para China

Poderá parecer unha nova sen importancia, pero ten o seu intríngulis. China vai obrigar a estandarizar os cargadores de teléfonos móbiles. O aforro calculado ascende a 306 millóns de dólares por ano para os fabricantes. Non atopei datos das cifras para os consumidores, pero tampouco deben ser baixas.

Esta medida non só se debería importar aquí, senón ampliala a todos aqueles aparatos que poidan ser compatibles entre si. Coñezo xente que non viaxar sen o seu portátil, PDA, móbil, cámara de fotos, reproductor MP3... que o agradecería moito.