jueves, 11 de enero de 2007

Despois da resaca, reflexión sobre o iPhone

Seguindo coa resaca que nos deixou Steve Jobs e unha vez pasado o subidón de coñecer o gadget do ano (e iso que só levamos 11 días), toca reflexión. Non me retracto do que dixen despois da keynote. O iPhone vai supoñer unha revolución na usabilidade dos dispositivos móbiles e obrigar ós grandes fabricantes a poñerse as pilas para que o recén chegado non lle coma as papas (polo menos as mediáticas). E

Pero unha vez dito esto, non é ouro todo o que reluce. Recoméndoche que lle botes unha visual a este post de Xataka. Pola miña parte, só farei unha breve comparación co outro mobil hipermegafuturista agardado para o 2007, o nokia N95, eclipsado vilmente pola trebello da mazán.


Conectividade
O N95 disfruta de conectividade total, GSM, 3G, 3.5G, EDGE... mentres que o iPhone non ten nin 3G. A cambio ten Wi-fi, pero parece claro que a política de Apple é chegar a acordos coas compañías de telecomunicacións, polo que dubido que vaian explotar o negocio da voz sobre IP.
Todo o contrario de Nokia, que parece apostar cada vez máis por esta vía.

Multimedia e integración
o iPhone presentouse como o trebello total, un auténtico ipod (non un mobil con funcións mp3) capaz de reproducir películas, recibir TV e navegar facilmente por internet. Polo visto durante a keynote, isto non llo quita ninguén. ¿Pero que hai do resto? ¿Fotografía e video? Ten cámara de 2 megapíxels, pero seguramente non pase de ser normaliña (senón adicaríanlle atención especial durante a presentación) e sobre o vídeo non se dixo nada de nada.

En cambio, a cámara de 5 Mp con lente Carl Zeiss, flash, autofocus, grabación vídeo a calidade DVD (sinceramente, isto terei que velo cos meus propios ollos...) fixo as delicias na última feira Fotokina. Súmalle o GPS e unha boa xestión de arquivos e tés un auténtico ordenador de bolsillo orientado ó ocio. Neste sentido, hai que darlle a razón ós que afirman que Apple non aporta nada novidoso.

De servicios integrados os dous son la crême de la crême, con integración directa con contas yahoo, flickr e google maps...

Experiencia, usabilidade e interface
Sen dúbida, a gran revolución de Apple. De repente, todo o que Nokia vendía hai tan só unhas semanas como futuro aparece como se Steve Jobs saíse dun DeLorean con condensador de fluzo. Se eu fose o deseñador de interfaces dos finlandeses (ou de motorola, ou de samsung, ou de sony-ericsson...) sentiríame bastante humillado. A revolución do doble slider do n95 con teclado tradicional a un lado e teclas multimedia ó outro parece de chiste comparada cos controis tactiles do iPhone. Non vou insistir no tema. Hai suficientes análises e vídeos na rede para ver que Apple lles pegou a todos unha sonora patada onde máis doe.

Pero tamén hai puntos negros. Se hai tecnoloxía barata para as pantalla táctiles, ¿por que non estamos rodeados delas? Moi espectacular, si pero teclear un SMS sobre unha pantalla chea da graxa inherente ós dedos non debe ser tan sinxelo.

Sistema operativo
A seguridade, sinxeleza e elegancia de Mac OS X fronte a robustez e experiencia de Symbian. Seguramente o sistema operativo de Apple sexa máis versatil, pero haberá que ver como se adapta a un aparello móbil. Salvo a opción dos widgets, non sei se aportará moitas novidades reais sobre o symbian do "nPhone".

Deseño
Cuestión de gustos, pero digan o que digan, non hai quen lle discuta a supremacía a Apple (aínda que o iPhone quedou algo maís tocho do que eu agardaba). Nokia necesita un novo deseñador que ventile o aspecto algo tosco das súas liñas de producto.

Relación calidade/prezo:
iPhone: 500/600 $ con contrato de permanencia de 2 anos
N95: 550€ libre (ou iso apuntan tódolos rumores).

Que cada quen decida. Eu dende logo creo que Nokia ofrece máis por menos (pero máis feo e menos intuitivo, iso si). Toda esa pasta nun móbil debería deixarche a cambio o último do último, e Apple non o conseguíu. Con todo o que hai no mercado fixo un coctel precioso que debe marcar o camiño a seguir por todos, pero aínda non é a meta. Ben pensado e meditado, quédome co "NPhone".




Ah, un detalle mínimo e insignificante. Os dous están fóra do meu alcance, e este post kilométrico pode verse motivado pola carraxe de non poder ter ningún dos dous. Grrrrr.


No hay comentarios: