Mostrando entradas con la etiqueta Pasado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pasado. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de marzo de 2007

Nostalxia en 8-bits

O meu bautizo no mundo das videoconsolas foi coa célebre NES, alá polo ano 89. Cando hoxe compras unha tés que invertir un ollo da cara para a máquina e o outro para os xogos e accesorios; coa miña NES en cambio, viñan dous mandos, dous xogos e unha pistola de infravermellos (adictiva, pero que non che servía de nada á hora de ó repelente can do Duck Hunt). Vamos, sacar da caixa, enchufar, sintonizar e listo.


Así que para lembrar os vellos tempos, un post nintendero. Esta páxina explora o que era para min unha verdade inadvertida ata este momento: SuperMario era en realidade un exercicio de propaganda soviética. A explicación apóiase sobre varias teses, tanto estéticas como do propio contido do xogo. Algunhas, omo o parecido entre Mario e Stalin, están un pouco collidas polo pelos (do bigote), pero pode pasar, cousas máis raras se teñen visto ;)

En todo caso, a alguén lle debeu parecer que a versión orixinal de Nintendo era moi pouco explícita, polo que preparou esta versión flash que recrea a Mario no mundo dos cogumelos asasinos cunha estética cercana á propaganda soviética.


O outro día, mentres vía un fragmento de Minority Report, non conseguín reprimir a risa cando Tom Cruise corre costa abaixo para que non se lle escapen os ollos polos sumidoiros. Se non viches a película, isto pode soarche raro, así que adianto algúns detalles (coidado: spoiler ata fin de párrafo!). No futuro de Minority Report, os 15 minutos de fama que todos ansiamos convértense nos 15 minutos de privacidade. Os escáneres de retina controlan cada paso que damos, así que os fuxitivos soméntense a operacións de cambios de ollos (literal) para burlalos. Tom Cruise ten que pasar por iso, pero debe conservar nunha bolsa os seus ollos orixinais por un motivo que debe ser moi trascendental pero que a nós non nos importa o máis mínimo. Nun momento da película cáenselle da bolsa e debe correr detrás deles. Se isto non che parece suficientemente ridículo, mira esta versión creada por un fan do Mario Kart, que pasa por ser un dos gifs animados máis rallantes que vin na miña vida!

E xa por último, se xogaches algunha vez ó Duck Hunt, aquel simulador de caza de patos, supoño que che fervía o sangue cada vez que deixabas escapar algún e o can se mofaba de ti sen que poideses facer nada para que calase. Pois xa podes vengarte do moi miserable neste remake en flash con gráficos clavados ó orixinal (ou case xD).



martes, 13 de febrero de 2007

Grandes tíos: Erástotenes

En serio, hai xente que se merece estatuas e placas en moitos parques infantís e centros de saúdes. Porque a ver, ¿Como demos conseguíu Erastótenes, en plenos século III antes de Cristo, chegar a calcular a circunferencia da terra equivocándose nun miserable 1%?

"Siendo director de la biblioteca de Alejandría, leyó en un papiro que en Siena, actualmente Asuán, Egipto, en el mediodía del 21 de Junio un palo vertical no proyectaba sombra. Pero en Alejandría no sucedía esto, un palo vertical sí proyectaba sombra. Y se preguntó por qué. La primera conclusión que determinó fue que definitivamente la Tierra no podía ser plana, porque si así lo fuera, el Sol produciría sombras de igual longitud para ambos palos, sin importar de la distancia que los separaran (el Sol esta tan lejos que sus rayos son paralelos cuando llegan a la Tierra). Comprendió entonces que la única respuesta posible era que la superficie de la Tierra estaba curvada, y cuanto mayor sea la curvatura, mayor iba a ser la diferencia entre las longitudes de la sombra. (...)

Sabia que la distancia entre Siena y Alejandría era de aproximadamente unos siete grados a lo largo de la superficie de la Tierra, por la diferencia entre las longitudes de las sombras de los palos; si imaginamos los palos prolongados hasta llegar al centro de la Tierra, formaran un ángulo de siete grados. Este resultado es aproximadamente una cincuentava parte de los trescientos sesenta grados que contiene la circunferencia entera de la Tierra. Pero le faltaba un dato, la distancia entre Siena y Alejandría..."
¿E como resolveu ese problemón? Pois contratando a un pobre home para que medise en pasos a distancia entre Alejandría e Siena. Vamos, o Fermín Cacho exipicio, ou o famoso soldado Filípides que pasaba por alí antes de irse a Maratón. A distancia resultou ser de 5.040 estadios exipcios, uns 793 km. Aí facemos a regra de 3, multiplicamos Pi por 2, levamos unha e contamos ata 10 aguantando a respiración... E así conseguimos a cifra máxica de 39.614 km.

Máis de vinte siglos despois, os satélites artificiais concluirían que Erastótenes se equivocou só nun 1%, xa que a circunferencia terrrestre mide realmente 40.008 km.




PostMortem: Agora ben, para min, case é máis digno de admiración o tío que foi capaz de andar 800 km, sen perder a conta dos pasos que ía dando...
___
Enlace: El hombre mediocre
Visto en Menéame

lunes, 22 de enero de 2007

O escriba autómata



Como din en Xataka, este ben podería ser un dos primeiros autómatas humanoides. En todo caso, deberíamos contemplalo como unha das impresoras máis inquietantes da historia.

Foi fabricado polo ano 1772 e é quen de escribir caracteres en calquera lingua (supoño que das que coñecían por aquel entón) gracias a unha roda na que se seleccionan e almacenan nunha lista, permitindo así escribir frases completas. Unha vez seleccionadas, o autómata molla a pluma no tinteiro, sacúdea para non manchar o papel e escribe. Incluso sgue o texto cos ollos ou se detén un par de segundos para "pensar" que escribir a continuación.

Composto por 6.000 pezas diferentes, o reloxeiro suizo Jacquet-Droz -experto en autómatas- tardou 6 anos en terminalo. Aquí tedes outro vídeo que explica o seu funcionamento (o audio está en francés). Máis que un antecedente directo dos robots Asimo, parece unha sofistaquídisima caixa de música, pero non me digades que non é absolutamente inquietante...

Vía: Fogonazos

domingo, 7 de enero de 2007

Nostalxia

Hoxe vin a televisión durante case 3 horas seguidas, algo que ultimamente só ocorre coincidindo con fortes resfriados que me deixan encadeado ó sillón. Seguramente se deba a que necesito chutes de frenadol para aguantar a tv comercial, tan mona ella con sus anuncios.

O caso é que nesas 3 horas debín ver 6 ou 7 veces o novo anuncio de Renault no que un señor con sospeitoso parecido a Richard Stallman interroga a unha multitude de conductores dende unha pantalla xigante. ¿Víchelo?

Alá polo medio do anuncio, o dobre de Stallman pregúntanos "¿has bailado en un videoclip?" acompañándoo dunhas imaxes que me sumerxen na máis pura nostalxia. Porque está claro que os creativos de Renault se inspiran nesa xoia que Magago trouxo hai algúns meses de Nokialandia baixo a etiqueta de "worst music video EVER".



¿Ti cres que o espíritu dos 80 atreverase a volver algunha vez?

viernes, 22 de diciembre de 2006

O gadget da túa vida.

Fin de decembro e xa sabes, momento de facer listas co mellor e o peor do ano, do século, da historia e do que se poña por diante. En Wired publican unha cos 10 gadgets que cambiaron o mundo.


Sei que é cousa miña, pero sempre pensei nos "gadgets" como trebellos portátiles (o típico walkman, a gameboy...) así que me cust adefinir como tal algúns destes mastodontes. En todo caso, admito "pulpo como animal de compañía.

¿Botades algún en falta? E máis importante aínda... ¿Hai algún gadget/aparato electrónico/tecnolóxico que de verdade vos cambiara a vida?

Eu pediríame a calculadora científica que usaba nos exames nas clases de física no instituto. Funcionaba tan mal que acabei de xornalista...

__
Vía: Microsiervos