jueves, 14 de diciembre de 2006

Robot Asimo: agora si parece humán

Cada certo tempo, coincidindo con algunha importante feira ou exposición de tecnoloxía, Honda amósanos toda a parafernalia que ten montada arredor da familia de robots Asimo. A criaturiña cumpríu hai pouco 20 anos, cunha evolución constante dende as primeiras xeracións que parecían microondas con patas.

Aínda que non acabo de verlle moita máis utilidade a un robot humanoide que a de ilustrar as novas de recheo dos telexornais, hai que recoñecer que ten o seu punto de fascinación. Sen embargo, entre nós, sempre foi unha máquina demasiado fría e aséptica como para que me sentise ameazado pola súa intelixencia artificial, ata que hoxe vin isto (o interesante está a partir dos 55''):



Se os programadores son capaces de conseguir que os robots se aparten da súa perfección e se equivoquen por si mesmos, entón si que temos un problema serio. Estaremos perdendo unha das únicas cousas que nos distingue realmente ós humáns: a estupidez e a desgracia asociada á capacidade de provocar risa. De aquí, a un humor amarillo de robots, só hai un paso.

2 comentarios:

Elianinha dijo...

Pois si que provoca emocións. Ao primeiro recordábame aos bonecos de Tente, despois era como unha mistura da axilidade da duquesa de Alba cunha prea digna de Carmina Ordóñez. Sei que hai unha persoa que fusiona estas grandes de España, pero non me sae.
Coño: si é Don Manuel caendo porque lle enganchou o bastón... XD Non, non vou ser mala.

Chexire dijo...

Elianinha, pero que brutiña es xD