jueves, 14 de diciembre de 2006

O simulacro belga: o poder da ficción

¿E se isto pasase en España? ¿Cales serían as reaccións se Lorenzo Milá interrumpise "Cuéntame" para anunciar que o parlamento vasco acaba de declarar a indepencia do País Vasco para aclarar media hora despois que todo era ficción? Non sei se chegaríamos a histeria que se vivíu onte en Bélxica e ata é posible que a audiencia seguise máis preocupada da expulsión do concursante de turno de Gran Hermano. Ou quizáis tamén se colapsarían as centraliñas de tódalas redaccións dos medios.

Dende logo, o que está claro é que a televisión pasou onte, como medio e como soporte, unha importante moción, queda saber se de confianza ou de censura. Unha clara demostración de que entre tanto reality é paparazzeo a chamada postelevisión aínda é capaz de abrir e relanzar grandes debates públicos.

Os responsables da televisión pública "La une" reciben hoxe paos por tódolos lados, especialmente dende a clase política. Unha clase política que por outra parte é tan hábil como a española á hora de alimentar a tensión e a crispación entre comunidades historicamente divididas (neste caso a valona e a flamenca). Así que agora resulta un pouco hipócrita escandalizarse e rasgarse as vestiduras cando un documental ficcionado é capaz de centrar moito mellor ca eles un debate que está vivo na sociedade.

Aínda así, seguramente había métodos máis sutís e axeitados para poñer en evidencia a toda unha sociedade, a todo un sistema político, e a si mesmos. Parece que Bélxica non superou con moi boa nota o simulacro. ¿Que faríamos nós?

2 comentarios:

Aldo Roda dijo...

Ao igual que a sociedade ianqui do 38 que saiu á rúa coa escopetas trala emisión de 'A Guerra dos Mundos' a belaga está esperando a independencia valona como, os outros crían unha invasión alieníxena.

Se ocurrise en Euskadi eu saíría ouveando 'irrintzoak' coa conseguinte vergonza ao día seguinte (aínda que xa me queda pouca). E a parte de iso basta, e efetivamente falaríase máis do Mundialito, GH ou similare.

Chexire dijo...

Interesante o que dis da invasión alieníxena, Serxio. Realmente, parece que unha das cousas que máis nos aterra ós europeos é recordar os vellos conflictos de fronteiras.

De todas formas, creo que aquí tamén se montaría un follón tremendo que non pararía coa dimisión de Caffarel. Dame que "no está el horno pa' bollos".