O escriba autómata
Como din en Xataka, este ben podería ser un dos primeiros autómatas humanoides. En todo caso, deberíamos contemplalo como unha das impresoras máis inquietantes da historia.
Foi fabricado polo ano 1772 e é quen de escribir caracteres en calquera lingua (supoño que das que coñecían por aquel entón) gracias a unha roda na que se seleccionan e almacenan nunha lista, permitindo así escribir frases completas. Unha vez seleccionadas, o autómata molla a pluma no tinteiro, sacúdea para non manchar o papel e escribe. Incluso sgue o texto cos ollos ou se detén un par de segundos para "pensar" que escribir a continuación.
Composto por 6.000 pezas diferentes, o reloxeiro suizo Jacquet-Droz -experto en autómatas- tardou 6 anos en terminalo. Aquí tedes outro vídeo que explica o seu funcionamento (o audio está en francés). Máis que un antecedente directo dos robots Asimo, parece unha sofistaquídisima caixa de música, pero non me digades que non é absolutamente inquietante...Foi fabricado polo ano 1772 e é quen de escribir caracteres en calquera lingua (supoño que das que coñecían por aquel entón) gracias a unha roda na que se seleccionan e almacenan nunha lista, permitindo así escribir frases completas. Unha vez seleccionadas, o autómata molla a pluma no tinteiro, sacúdea para non manchar o papel e escribe. Incluso sgue o texto cos ollos ou se detén un par de segundos para "pensar" que escribir a continuación.
Vía: Fogonazos
No hay comentarios:
Publicar un comentario