jueves, 18 de enero de 2007

Sinfonía en Pi menor

Xa Arquímedes se sentía fascinado por el, así que por algo será. E aínda que eu sexa máis do número Phi (con esta frase acabo de condearme ó inferno friki), hai que recoñecer que ese 3'141592... que aprendemos de pequenos ten algo especial. ¡Se ata hai un Día mundial da aproximación a Pi!

Ben, pois se nalgún momento pensaches en tatuarte o famoso símbolo, isto vaiche encantar. Se non é así, tampouco pasa nada, podes botarlle unha visual ó experimento pi10k sen que teñas urticaria. Basicamente, o autor pretende convertir os primeiros 10.000 díxitos de Pi nunha secuencia musical.

Para comezar tés que seleccionar 10 notas musicais no teclado virtual que representarán os decimais de Pi. A primeira nota valerá 1, a segunda 2 e así sucesivamente. Despois execútase a aplicación reproducíndose segundo a secuencia de decimais de Pi.

Hoxe levanteime co pé geek, por se che quedaba algunha dúbida despois do post anterior ;)

PostMortem: Por certo, o autor do experimento, Felix Jung, ten outros bastante interesantes na súa web.

Vía: Genciencia

4 comentarios:

Elianinha dijo...

friki, pero friki friki...

Chexire dijo...

Bah,iso son celos porque non fuches capaz de chegar ó final ;)))

Chexire dijo...

(do test do post anterior, quería dicir...)

Elianinha dijo...

XD