A relixión na crtvg
Manolo Gago iniciou na súa bitácora unha conversa moi interesante que me gustaría recoller aquí. ¿Debe a CRTVG suprimir os programas relixiosos? El opina que a Igrexa xa conta cos seus propios espazos mediáticos para lanzar a mensaxe que considere oportuna sen necesidade de recurrir ós medios públicos. Non vou repetir todo o que se dixo alí, recoméndoche que o leas directamente, só que penso que sería un síntoma de madurez democrática se deramos separado dunha vez algúns anacronismos do pasado que vinculan Igrexa/Estado herdados, e este é un deles.
Malia todo, tanto nos comentarios da entrada como en Chuza! lin algunha opinión que xustifica a misa nos medios públicos especialmente pola súa labor normalizadora. Destacan que esta é a única vía para moita xente de ver/oír unha misa en galego.

E ti ¿que pensas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario