A serpe pitón
Esta é unha desas historias que me costa non meter no caixón das lendas urbanoides, por moito quen que mo conte sexa de fiar. Non a nombrarei antes de sometala ó polígrafo, así que de momento déixovos co relato máis ou menos completo.
"Un coñecido meu tiña como mascota unha serpe pitón. Era destas que che regalan pequeniña e que medra moitísimo ó longo dos anos. Era enorme, destas gordas. El levaba toda a vida con ela, así que non só a collía sen medo, senón que se lle enroscaba na perna subíndolle polo corpo e incluso durmía na súa cama.
Un día, esperta e ve que a pitón está ó seu lado, completamente estirada, tesa. De primeiras levouse un bo acojone, pero parecía que non lle pasaba nada e todo volveu á normalidade. Outro día, a pitón volveu aparecer igual, como un pao, deitada ó seu carón. E así outro e outro día. Finalmente, levouna ó veterinario a ver se estaba enferma. Tras contarlle a historia, o médico contestalle todo serio,
- Ben, vai sendo hora logo de sacrificala.
- ¿Que? ¿Pero por que?
- Pois porque che está medindo a ver se che pode comer."

3 comentarios:
Pois ó outro día reunidos un grupo de amigos en torno a unhas cervexas chegou ás miñas orellas esa mesma historia.
Pobre dono, que tanto quería a súa pitón, parecía tan agarimosa ela...
(Isto éche unha cidade ben cativa, qué rapido voan as historias...)
Si, seguro que se lle enroscaba na perna para palpalo e ver se estaba ben cebado ou se era mellor esperar as lentejitas ou a fabadita do inverno..
Publicar un comentario