Antena 3 apúntase ó fenómeno YouTube
Parece que os chamados "medios tradicionais" queren aproveitar o tirón da web2.0 e do vídeo comunitario. Algúns programas de La Sexta e de Cuatro apóianse dende os seus inicios en vídeos sacados directamente de internet e noutros enviados polos usuarios. Un cóctel dos formatos zapping, Vídeos de primera, Impacto TV con algunhas gotiñas de YouTube/Metacafé. Non era especialmente novidoso.
Antena 3 vai un pasiño pequeno máis alá con TuClip.com, un sistema para que os usuarios manden pequenos clips de vídeos por internet ou por MMS. Ademais de colgarse na páxina, o material pode ser emitido nalgún dos programas de máis peso da cadea: os informativos, Espejo Público, 7 días 7 noches, En antena ou Buenafuente. E por certo, non pagan nada mal. 100€ por cada vídeo emitido en TV e un premio de 700€ para o mellor da semana. Claro que dende a perspectiva da cadea tamén resulta moi rentable se o contido consegue ter unha mínima calidade.
Haberá que estar atentos ó material enviado/seleccionado. Moito me temo que bastantes se emitirán baixo rótulos do tipo "parejita pillada in fraganti en la playa" ou "espectacular accidente de tráfico". Sería unha pena, para iso, case podemos quedar como estamos...

No hay comentarios:
Publicar un comentario