A fame inscaciable dos 3 grandes buscadores
Nos últimos anos vimos como os grandes buscadores de internet se convertían en xigantes multifuncionais. A mellor proba é Google e toda a súa serie de funcionalidade. Creo que en canto consigan poñer en marcha un programa que descargue café vía wifi serei quen de realizar todas as miñas actividades diarias a través dos seus servizos e programas.
Este gráfico interactivo bastante completo amosa as inversións e adquisicións dos 2 grandes buscadores, Yahoo! e Google, que foron incorporando ós seus portais. Tamén inclúe a Microsoft, algo que na miña opinión sesga un tanto a comparativa, pois aparecen operacións que teñen que ver con outras áreas devinculadas do buscador. En todo caso, da idea da magnitude que están a coller estes 3 xigantes da informática.

Vía: Genbeta
No hay comentarios:
Publicar un comentario