O iPod cómese un BigMac
Se non lembro mal, foi Eliana a que me falou hai uns días por primeira vez do Índice Big-Mac. Non me acordo das súas palabras exactas, así que non creo que lle importe que faga un copia/pega da Wikipedia
"La publicación semanal británica The Economist ha elaborado el índice Big Mac, que consiste en comparar lo que cuesta un menú Big Mac, el más famoso menú de la cadena McDonald's de restaurantes, en todos los países donde se elabora para, de esta manera, poder comparar los costes de vida en cada país y saber si las monedas están sobrevaloradas con respecto al dólar estadounidense. (...) El índice no puede predecir la relación cambiaria con exactitud, pero llega a convertirse en una sencilla herramienta analítica para una teoría económica accesible."

Ben, pois por ese estraño fenómeno da sincronicidade, volvo topar agora co famoso índice. Resulta que un banco australiano vai mudar o BigMac polo iPod. A clave parece ser que o mp3 supervendas de Apple se frabrica maioritariamente en China, mentres que MacDonalds elabora hamburguesas en moitos países, o que pode variar lixeiramente os prezos. Supoño que haberá algunha razón máis. Eu polo de pronto encóntrolle algunha pega. Por exemplo, ese cabreante apego dos fabricantes de electrónica a facer a conversión 1$=1€ ou a política de aranceis e canons que se aplican de forma diferente en cada rexión económica.
En todo caso, non serei eu quen contradiga a un banqueiro australiano xD
En todo caso, non serei eu quen contradiga a un banqueiro australiano xD
No hay comentarios:
Publicar un comentario