lunes, 26 de febrero de 2007

Polbo vs Quenlla. O gran duelo

O noso polbo vive no seu acuario todo tranquiliño, afastado do mundanal ruido dos predadores. Sen molestar a ninguén, retirado da vida pública. Os coidadores, ociosos eles, decátanse que nestes tempos de minipisos de 30 metros cadrados non estamos para malgastar espacio, así que o polbiño vai ter que compartir acuario cun par... de tiburóns (ou quenllas, para ser máis enxebre).



Menos mal que a natureza é sabia e entende algo de xustiza poética
Por certo, ¿nos vos recorda o vídeo a campaña esta de "abrazos gratis"?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

pero cantos kilos pesaba este polbo? Con catro ou cinco dese tamaño chegan para As San Lucas.

Chexire dijo...

Si, a verdade é que daba para unha boa tapa!

Claro que ó mellor é que era un tiburón anano que cabe nun acuario de restaurante da rúa do Franco ;)))