Grandes tíos: Erástotenes
En serio, hai xente que se merece estatuas e placas en moitos parques infantís e centros de saúdes. Porque a ver, ¿Como demos conseguíu Erastótenes, en plenos século III antes de Cristo, chegar a calcular a circunferencia da terra equivocándose nun miserable 1%?
"Siendo director de la biblioteca de Alejandría, leyó en un papiro que en Siena, actualmente Asuán, Egipto, en el mediodía del 21 de Junio un palo vertical no proyectaba sombra. Pero en Alejandría no sucedía esto, un palo vertical sí proyectaba sombra. Y se preguntó por qué. La primera conclusión que determinó fue que definitivamente la Tierra no podía ser plana, porque si así lo fuera, el Sol produciría sombras de igual longitud para ambos palos, sin importar de la distancia que los separaran (el Sol esta tan lejos que sus rayos son paralelos cuando llegan a la Tierra). Comprendió entonces que la única respuesta posible era que la superficie de la Tierra estaba curvada, y cuanto mayor sea la curvatura, mayor iba a ser la diferencia entre las longitudes de la sombra. (...)¿E como resolveu ese problemón? Pois contratando a un pobre home para que medise en pasos a distancia entre Alejandría e Siena. Vamos, o Fermín Cacho exipicio, ou o famoso soldado Filípides que pasaba por alí antes de irse a Maratón. A distancia resultou ser de 5.040 estadios exipcios, uns 793 km. Aí facemos a regra de 3, multiplicamos Pi por 2, levamos unha e contamos ata 10 aguantando a respiración... E así conseguimos a cifra máxica de 39.614 km.
Sabia que la distancia entre Siena y Alejandría era de aproximadamente unos siete grados a lo largo de la superficie de la Tierra, por la diferencia entre las longitudes de las sombras de los palos; si imaginamos los palos prolongados hasta llegar al centro de la Tierra, formaran un ángulo de siete grados. Este resultado es aproximadamente una cincuentava parte de los trescientos sesenta grados que contiene la circunferencia entera de la Tierra. Pero le faltaba un dato, la distancia entre Siena y Alejandría..."
Máis de vinte siglos despois, os satélites artificiais concluirían que Erastótenes se equivocou só nun 1%, xa que a circunferencia terrrestre mide realmente 40.008 km.

PostMortem: Agora ben, para min, case é máis digno de admiración o tío que foi capaz de andar 800 km, sen perder a conta dos pasos que ía dando...
___
Enlace: El hombre mediocre
Visto en Menéame
8 comentarios:
¡Mais que curioso! Onte mesmo falaba cun compañeiro de Eratóstenes. Lembro que no meu libro de mates do colexio viña unha ilustración moi simpática do señor en cuestión.
De todo isto conclúese que os gregos era xente moi lista, ademais de sensible, como saberá calquera lector de Astérix e Obelix ;)
Tamén se conclúe que tiñan moito tempo para pensar, o cal lles permitía chegar a conclusións tan flipantes como estas. Como o Cronista de Oz, un tío que me deixa sempre impresionada coa cantidade de cousas que le (a min non me dá tempo nin para a cuarta parte), e da capacidade de retentiva que ten. Unha memoria PRODIXIOSA!
E non é peloteo, eh... Pero é algo que sempre me chamou a atención. (digo sempre e parece que hai anos que nos coñecemos ;)
Xa non hai cabesiñas como as de antes, aínda que despois de todo, coincido con Elianinha, "tiñan moito tempo para pensar". Velaí un ideal de vida: a vida contemplativa, discorrendo en circunferencias e outras herbas...
Erastótenes, Anaximandro, Anaxímenes, Metrodoro de Lamsaco Tales de Mileto... grandes homes, non suficientemente coñecidos hoxe en día.
Tedes razón, eran tíos acojonantes. Seguro que MacGyver tiña genes gregos...
Elianinha, modestia aparte, tés razón, teño unha memoria prodixiosa. A todo isto ¿canto che debía polo comentario pelota? E que non me lembro...
xa o arreglaremos ;)
Pero escápaseonos unha cousa, que realmente o camiñante perdeu a conta de pasos aproximadamente un 1%, por iso Eratóstenes se equivocou. E lóxico.
Serxio, tamén pode ser que dixese que calzaba un 44 cando realmente só era un 42 ;)
Publicar un comentario