¿Como é un eclipe de Lúa... na Lúa?

Posto que un eclipse de Lúa se produce cando a Terra se interpón entre ela e o Sol -impedindo que a súa luz rebote sobre a Lúa- aquilo parécese bastante a un eclipse de Sol, pero á inversa.
Imaxínate que estás na Lúa, nalgún fermoso cráter desfrutando da brisa cósmica. O disco solar irase agochando por completo trala Terra, pouco a pouco, pero sen provocar a escuridade absoluta. A intensidade da luz solar fará que a nosa atmósfera se convirta nun anel de lume incandescente ó tempo que o chan se volve vermello baixo os teus pés.
Se queres experimentalo, podes facelo nun par de semanas, para ser exactos na noite do 3 de marzo. Se non tés billete para ir ata alá, sempre podes experimentalo dende aquí. Non será o mesmo, pero un eclipse nunca deixa de ser un espectáculo, ¿verdade?
3 comentarios:
Pois sí, os eclipses sónche algo ben fermoso. E ademais (perdón pola deformación bloguera, non o podo evitar) na carteleira hai un que está dando bastante xogo ("Apocalypto")
Si, cousa que me deixa unha pregunta...
¿Por que demos sempre se vincula as civilizacións antigas de América do Sur e Central cos eclipses de sol? É algo que levo observando dende a miña infancia, concretamente dende "Tintín e o templo do Sol".
Podemos ir mais atrás: á Biblia e a morte de Xesucristo... por exemplo
Publicar un comentario