Unha oferta que non poderá rexeitar...

Había algúns anos que non vía ningunha delas, e coño, ¡que boas son as dúas primeiras! Máis de seis horas nas que non deixas de percibir o olor e sabor a clásico crepuscular. Cine tráxico do bo, ese que se deleita na fin dunha época para uns personaxes inadaptados ante o seu destino calcetado con balas de plomo. Cine de gangsters odiosos e déspotas que malia todo non podes deixar de amar e admirar. Levo tres días coa melodía de Nino Rotta tatuada no cerebro, con esa mezcla de melancolía e fatalidade que marca cada paso do descenso ós infernos dos Corleone.
E sobre a terceira, pois mira, é bastante mellor do que a lembraba (pero é evidente que se fixo pensando máis na recaudación que na factura artística). Sigo pensando que é innecesaria; pero se a tomas aisladamente, é unha boa película de suspense. O seu problema é que a saga non é unha triloxía, xa que queda suficientemente pechada ó final da Parte II. A nova xeración Corleone que rodea a Al Pacino non ten o carisma nin a forza necesaria para sustituir ós Brando, De niro, Caan, Duvall, Cazale, Starsberg...
Iso si, definitivamente, é mooooooito mellor que Sofía Coppolla se siga adicando exclusivamente a dirección e deixe o da actuación para unha vida futura...

PostMortem: Unha experiencia interesante, aínda que con certo punto de masoquismo, é ver a 3ª parte subtitulada cos comentarios de Francis Ford Coppola, plagados de "este es mi tío Frank dirigiendo la orquesta...", "aquí está mi primo Johnny con la famosa escopeta lupanna", "ahí vemos a mi nieta Mary en brazos de mi hija Sophie". Unha ollada ós créditos confirmaracho: o apelido Coppolla sae nada máis e nada menos que 27 veces...
4 comentarios:
A min tamén regaláronma no meu aniversario hai un mes e aínda non me puxen a velas. A verdade é que hai moitísimos anos que non as vexo e estou desexando ter un finde libre para facelo. Sen dúbida, as dúas primeiras son dous clásicos imprescindibeis. A min gústame moito o cine da xeración de Coppola, Scorsese,etc... É un verdadeiro xenio. E polo que dis, un pesado tamén :-D
Si, tés razón, toda esa chamada "xeración que cambiou Hollywood" é xenial. Aínda así hai tempo que non lles vexo ningunha novidade que me impresione totalmente.
¿Será que me estou volvendo un amargado ou que antes era máis impresionable?
A miña favorita é a segunda. Encántame.
Non hai moito vin nun dos extras do pack de dvd's de Matrix a alguén dicindo que nas triloxías a 2ª é sempre a mellor. Xusto nese caso concreto non estou de acordo, pero en El Padrino non teño ningunha dúbida (e mira que De Niro o tiña chungo para ocupar o baleiro de Marlon Brando)
Publicar un comentario