lunes, 15 de enero de 2007

O truco final, "Quero que esteas atento"

"Todo gran truco de magia consta de tres actos. El primero recibe el nombre de La Promesa. El mago muestra algo ordinario, pero, como es de esperar, probablemente no lo sea. El segundo acto es la Actuación. El mago transforma lo que aparentemente era normal en algo extraordinario. Intentareis averiguar el secreto, pero no podreis. Es por esto que hay un tercer acto, llamado El Prestigio. Esta es la parte de los giros y los cambios inesperados, en la que la vida pende de un hilo, y vereis algo sorprendente que vuestros ojos jamás habrán visto antes".

Hai algunhas semanas xa che falei do bo feeling que me transmitía "El truco final" (The Prestige), a última película de Christopher "Memento" Nolan que conta cun reparto de luxo (Christian Bale, Hugh Jackman, Michael Caine, Scarlett Johansson...). Ben, pois xa podo dicirche que é un dos mellores thrillers que vin en moito, moito tempo. Non é perfecta, pero cada peza do puzzle está colocada cun coidado exquisito, especialmente no referente á toda a estructura narrativa. Non che vou desvelar nada e, por favor, non deixes que ninguén o faga. O suspense é absolutamente fundamental. Dirás, "claro, como en todo thriller", pero faime caso, fuxe de calquera que a xa a vise e métete pronto na primeira sala onde a proxecten. Permíteme que che conte só unha cousiña. A película comeza co texto de arriba, pero non se trata só da introducción, senón de toda unha declaración de intencións: todo o que verás nas seguintes dúas horas é un inmenso truco de maxia co que Nolan demostra que o Cine non é máis que unha grandiosa ilusión.

Se iso é pouco ou é moito, tócache xulgalo a ti ;)


PostMortem: No fondo, son un mentireiro. Vouche contar outra cousa sobre a película. Un personaxe secundario pero fundamental está inspirada na magnética personalidade do gran inventor Nikola Tesla interpretado por... David Bowie! E o seu axudante é nada máis e nada menos que Andy Serkis. ¿Que non sabes quen é? Faime caso, coñécelo, seguro.

Rigor Mortis: Aviso! Os comentarios deste post destripan parte importante da película.

5 comentarios:

Madeira de Uz dijo...

Para mim a película foi bastante decente até que num momento dado lhes deu polo da ciência ficção que, na minha opinião, não pega nem com cola.

Por certo, que os primeiros fotogramas do filme (um plano de poucos segundos) somente se repetem passada mais de uma hora (refiro-me ao 'cultivo' de sombreiros).

E por certo (2), Scarlett Johansson estivo igual que podia não estar. Papel discreto e totalmente inexpressiva.

Digamos que aproveitei e desfrutei a película num 90%.

Ah, e por certo (3 e juro que não mais), a alguém mais lhe parece que Christian Bale, tanto na psicologia do personagem que protagonizou quanto na sua carecterização se lhe asemelhava bastante a Arnaldo Otegi??

Madeira de Uz dijo...

Esqueceu-me comentar antes o de David Bowie: acho que a sua interpretação foi magistral. Realmente estava irreconhecível nessa forma de actuar. Grata surpresa para mim.

Chexire dijo...

Uziño, pero por Dios, como podes ser tan ******* !!! Non destripes así a película, oh! xDD (refírome o do cultivo de sombreiros).

Sobre Scarlett non estou de acordo. Sabes que me encanta como actriz, pero non son un incondicional: na Dalia Negra púxena a caer dun burro. Aquí é un personaxe moi secundario, así que non se pode pretender que teña uha presancia abrumadora, porque non lle corresponde. Paréceme un papel moi medido e sobrio. Por suposto non é para Oscar, pero é un bo nexo entre a rivalidade dos magos.

Sobre o da Ciencia Ficción, entendo que a moita xente non lle guste. pero para min é un ingrediente fundamental: ti chámaslle ciencia ficción, pero tamén lle poderías chamar maxia. O defecto que lle vexo é que está demasiado explicado, pero é un gran detalle friki para os clubes de fans de Tesla (que os hai, en serio).

A diferencia entre a Maxia e a Ciencia depende unicamente de a que lado do escenario te atopas.

E por último ¿acaso non sabías que Nolan se basou en Otegi para recrear o personaxe de Bale? Agora en serio, xa hai que ser retorcido para poñerse nunha película a sacar eses parecidos ;)

Madeira de Uz dijo...

Meu estimado Chexire,
mencionar o do cultivo de sombreiros (que aparece nos 3 segundos iniciais mal-contados), não creio que seja destripar a película :-p

É certo que o papel de Scarlett não é precisamente longo (é terciário ou quaternário), mas creio que aparece o suficiente como para que estivesse mais trabalhado, sobretudo se tivermos em conta como evolui (teoricamente) a sua psicologia durante o filme.

Um personagem no que vemos evolução psicológica e posicionamentos divergenes deveria traduzir-se (na minha opinião) numa interpretação mais trabalhada. De facto, a sua presença neste filme é equiparável à que tivo n'A DÁLIA NEGRA, e penso que nesa película actuou notavelmente melhor (o que à vista do resultado...).

E o do parecido com Otegi... há planos onde o parecido destaca mais (feito ao que ajuda a por momentos a psicologia retorcida do personagem). E é que essa carinha redonda que botou Bale e o pêlo rapado (o que contrasta com a sua delgadez habitual e o cabelo longo) elaboram para mim esse parecido.

Alana dijo...

Sen entrar na polémica do spoiler-cultivo de sombreiros, nin no mala/boa actriz que pode ser a Johansson, engadirei que a peli me gustou moito, moito. E non son eu das maiores fans dos thrillers. Eu metinme na butaca 1, fila 7, sen esperar máis que un filme entretido con bos actores e sen saber outra cousa que "é unha peli sobre a rivalidade entre dous magos". A narrativa é de libro e as interpretacións están moi ben traballadas (sobresaliente para Michael Caine e David Bowie). Pero sobre todo, o que máis agradecín, é que me contasen un bo conto, sin moralejas nin maniqueísmos, unha historia visualmente perfecta, pero que non agocha a parte "sucia", artificiosa pero honesta. Buscando unha análise profunda poden chirriar algunhas cousas, como ese elemento "máxico-científico". Pero a min, sinceramente, gustoume. Nolan enganoume durante máis de dúas horas cun enorme truco de maxia.