lunes, 9 de abril de 2007

Deus vs Satan ¿Quen matou máis?

Pois como xa se ten comentado algunha vez, non che sei por que demo ten Satán tan mala fama (¿Viches que bo xogo de palabras? "Por que "demo" "ten Satán...". Vale... Xa calo...).

Isto é algo que non sae nos catecismos, pero por se non te decataras, resulta que Deus é un enorme xenocida...


"Unos cardan la lana y otros llevan la fama". Eu son Satán, e métolle unha denuncia a Deus por invasión de competencias. Claro que entre o Diluvio Universal ou Sodoma e Gomorra, xa van alá boa parte dos 2 millóns. Considerando que todo iso ocorre no Xénese, ó principio da Biblia, case podemos consideralo un "ímpetu de xuventude". Tampouco sei se neses números se inclúen os que se carga no Apocalipse, o que me parecería inxusto (o que pasa nese libro non é xenocidio divino, é pura fanfarronería...) .

Así e todo, esas cifras parécenme unha exaración. Se non fora polo "toque divino" do tema, aínda pensaría que eses datos son os da Comunidade de Madrid e da Cope despois dunha manifestación.

Ollo, que se hai manipulación, seguro que ZP está detrás. Que xa sabemos que os masóns sempre se levaron ben co demo. Claro que despois disto, eu xa me creo todo....

3 comentarios:

Zerovacas dijo...

Hahaha, está ben. Deus vingativo e iracundo este seu. O primeiro xenocida da historia, seica. A min facíame graza que, supostamente, na Batalla de Clavijo na que "o noso" apóstolo Santiago derrotou ás forzas infieis abrindo o camiño para a conquista do sur da península, el soíño cargouse a uns cen mil mouros. Así que témoslle posto unha catedral a outro xenocida

Chexire dijo...

Demasiadas veces a historia é debuxada polos escribas dos xenocidas...

Anónimo dijo...

e co agravante que no nome de Deus seguese a matar e no do demo non.