miércoles, 14 de marzo de 2007

Parecidos razoables


Hmmmm... Chámame susceptible, pero eu diría que este logo me lembra a algo. Fagamos memoria...




Con fondo branco aínda se parecen máis. Iso si, na defensa dos creativos da caixa de aforros galega, parece que o logo de Aramova, empresa de Delivering internet mobility, (se alguén me explica que significa iso exactamente, agradézollo) é máis recente, ou iso parece polo que din nesta páxina. De todas formas, non atopei moito sobre ela, xa que parece que foi adquirida por Birdstep technology, (a ese dominio redirixe a url aramova.com).

Sempre me gustou moito o logo de Caixanova, coa falsa cinta de Moebius formando un debuxo imposible, pero que aparenta ser completamente coherente á vista. Sexa casualidade ou non, a semellanza paréceme ben curiosa, así que se sabedes algo sobre o tema, agradézovos a información. ¿Alguén podería confirmar se o de Caixanova é efectivamente máis antigo?

Por certo, graciñas Marcos, alias Oteixugo, polo descubremento.


5 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

¿Cinta de Moebius? caramba, sí que estás enterado ti...

Anónimo dijo...

Se mal non me lembro, o logo de Caixanova decidírase por un concurso aberto no que calquera podía presentar as súas creacións. Teño a imaxe mental dun número da revista Auria, que ven cada mes con La Región, no que se vían os logos finalistas. ¿Alguén se acorda, ou me corrixe? En todo caso o de Caixanova parece máis antigo (que non máis bonito) que o deste estudio

Chexire dijo...

¿Equivoqueime, gata? Nunca se me dou moi ben a xeometría, pero a este tipo de figuras sempre lle chamei así.

Si me interesan bastante mais os debuxos imposibles como o logo de caixanova. Téñolles un post pendente dende hai moito ;)

Oskiña dijo...

Tes razón oteixugo. De feito eu estiven a punto de me presentar tamén. Ao final non o fixen por falla de tempo.

Se non lembro mal, a gañadora foi unha diseñadora de Vigo e o concurso debeuse de celebrar no 99 ou no 2000.

Unknown dijo...

Nom te preocupes chexire, que ser é umha fita de moebius, em falso 3-D e jogando coas cores, pero a inspiraçom é essa.