Búscase hipotecado (con experiencia)
Teño na redacción a Elianinha buscando hipotecados. Di que é para unha reportaxe, pero eu creo que realmente é para darlles un bico e que se convirtan en Amancio Ortega ou en Emilio Botín (e casar despois con eles). O caso é que se reunes algún dos seguintes requisitos (ou se coñeces a alguén que os cumpra), e nolo comunicas estaremos eternamente agradecidos:
- Ter menos de 35/40 anos e ter contratada unha hipoteca.
- Ter máis de 65 anos e ter contratada unha hipoteca inversa (desas que o banco che paga a cambio de quedarse coa túa casa cando a palmes).
Podes deixar resposta nos comentarios ou no correo de Eliana (elimaral@gmail.com)
Graciñas de antemán.
2 comentarios:
Rematou a censura por fin, ata poido comentar e todo, que eso de andar cos lectores de sementes ás veces é algo aburrido.
Saúdos pois :) e á compañeira de redacción outro tanto do mesmo.
Creo que rematou a medias, Besbellinha. A min aínda me segue a dar problemas co Explorer. Definitivamente vou dar o salto a Wordpress, pero coido que terá que agardar algunhas semaniñas, que neste momento o traballo satura os nosos poros.
En todo caso, graciñas pola perserverancia ;)))
Publicar un comentario