Unha de anuncios
Cando os fabricantes de automóviles viron o filón da publicidade emocional, Audi e BMW fixéronse cun trono do que aínda sacan rendas en festivais de medio mundo. Outras, como Mercedes e Volkswagen colocáronse nun segundo plano, con algunhas campañas moi brillantes, pero sen tanto éxito como as súas compatriotas. De Volkswagen sempre apreciei moito os anuncios para prensa, como este: "Gracias a nós, ata os dummies chegarán a vellos" (pincha na foto para velo en grande). O cal está moi ben, porque ese oficio é un dos máis jodidos que pode haber. A ver que aseguradora se fai cargo do teu caso...

Sei que son un anticuado, pero acostumado os vellos carteis de Mao, diría que estas dúas imaxes son da MTV antes de pensar nunha campaña gubernamental china en contra do SIDA. Será interesante ir descubrindo unha cultura tan poderosa a medida que se achegue 2008 e os Xogos Olímpicos de Pekín.


Vía: Motorpasion e Genciencia
1 comentario:
Pois o da serpe paréceme unha campaña xenial. Lémbrame a aquela dunha rapaza espectacular deitándose cunha tarántula xigante e o seu equivalente masculino, un mozo de quitar o hipo cun escorpión do seu tamaño. Impactantes e de fácil reclamo, pero efectivas...
Publicar un comentario