jueves, 15 de febrero de 2007

Saba para solteiros

Post especial para San Valentín, +1 día.

Se es dos que lles tocou o día de onte a soas e a dúas velas, seguramente acabaches ata os mismísimos de tanta rosiña pola rúa, de tanto almíbar e de tanta parelliña acaramelada.

Pero non te preocupes, que tamén hai quen pensa en ti. Aquí tés esta magnífica saba para solteiros. Non da calorciño (para iso necesitas un edredón de plumas) pero algo é algo, ¿non?

7 comentarios:

Elianinha dijo...

Vaia, vaia. Ela polo menos ten cara de satisfacción.

Chexire dijo...

Si, el non parece tan contento. Debe ser porque é un materialista que prefería non ter unha moza tan plana...

Elianinha dijo...

Bah, iso é cuestión de reordear o plumón do edredón.

Chexire dijo...

Facendo algo parecido a isto ?

Bautista dijo...

El mejor momento puede sacar cuando sacudas las sábanas por la ventana,jeje...

torredebabel dijo...

Penso que é o complemento perfecto para a cama-expulsadora-de-mulleres que tiña un personaxe na película El lado oscuro del corazón, de Eliseo Subiela.

Chexire dijo...

Torre de Babel, non vin a película, pero o asunto parece bastante tétrico... ¿Como funcionaba?

Bautista, creo que pode ser aínda mellor á hora de colgala no tendal da roupa ;)