jueves, 1 de febrero de 2007

¿Queres ser Bomberman?

Bomberman foi un dos xogos cos que me enganchei o mundo dos videoxogos, alá polo ano 89. Anda que non teño pasado horas enganando os globos laranxas (que parviños eran...). Pasa por ser un dos xogos con máis versións ó longo destes anos, pero ningún coa frescura e diversión do orixinal das consolas de 8 e 16 bits. Cos anos, iso de ir tirando bombas polo escenario deixou de parecer tan inocente, e supoño que os gráficos hiperrealistas e as 3D non lle viñeron moi ben.

Agardaba con impaciencia a que algún programador o actualizase con xeito para a Wii, pero parece que se lles adiantaron estes estudiantes da Universidade de Aaborg (Copenhague). Bomberman Evolved rastrea o movemento dos xogadores gracias a unha enigmática webcam de esfera de espello (metade ollo de Grande Irmán, metade bola de discoteca) para introducilo no xogo. Pena de non poder sacarlle moito rendemento no meu minipiso...


4 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Qué pouco che sei destas cousas, meu

Anónimo dijo...

Eu cada día que pasa quedo máis flipado coa tecnoloxía. Mira que se gastan neuronas.

A pirámide dijo...

Na pirámide somos máis de Pac-Man. É o que máis se asemella aos corredores da xunta.

Chexire dijo...

Esa foi boa, A pirámide. Por alí hai tanto fantasma solto?

O da tecnoloxía estache ben, pero vai ser jodido poñela en práctica nos nosos minipisos...