lunes, 12 de febrero de 2007

Publicidade de impacto

¿Como vos quedaríades se ides tan tranquilos pola rúa e de repente vos atopades con algo así? Supoño que anuncios espectaculares deste tipo deben saír moi, moi caros, e non sei eu se acaban sendo máis rentables que os miles de carteis "fotocopiados" que invaden as marquesinas dos buses.

Agora ben,teñen unha visibilidade e unha viralidade impresionante. Unha pena que non se vexan máis a míudo obras de artes como estas pola rúa. En París teñome atopado con algunha (non tan curradas como estas, iso é certo) pero aquí en Santiago aínda estou por chocar coa primeira. Tedes varias máis aquí (salta o aviso para impresión a traición, estades avisados).




2 comentarios:

Sintagma in Blue dijo...

A verdade é que están moi ben. Se que cando hai cabeciña...

Chexire dijo...

Si, xa podían os creativos publicitarios de Pascual aprender deles...