jueves, 15 de febrero de 2007

Guerra de software: ¿De que lado estás?

Software Wars é un moderno taboleiro de risk pero ambientado nas loitas entre distintas empresas e filosofías de software na actualidade. Como din en Microsiervos, algunhas zonas están bastante sobredimensionadas e outras moi subdesenvolvidas (fixádevos en Google), pero como divertimento friki, ten o seu punto.

Hai outras versión anteriores na páxina de Steven Hilton, o autor que dan idea das revoltas emprendidas polos "rebeldes" Mozilla -relevo do extinguido grupo de disidencia Netscape- e como o Imperio Microsoft tivo que multiplicar as frontes de combate dende o ano 98.



Vía: Microsiervos

4 comentarios:

Xan Guindán dijo...

Semella que Billy Puertas vai perdendo terreo. A verdade é que o software libre está a revolucionar o mundo da informática coa súa doutrina da liberación. O outro dia os de Agnix linkearon unha entrevista a Stallman moi boa.

http://www.la2noticias.tve.es/?go=111b735a516af85c76bcfde06e8e56c0f53ff8a48e99c285a390568374e95365ad0a1d247cf2934f9fc4c99154262e5c9150795961e67603d01fcc77ed168c28d3c3e67e90e87848

Chexire dijo...

Si, tiven a sorte de ver a entrevista, e aparte de brillante (o que é habitual) foi bastante moderado. Como di un amigo informático, o malo de Stallman é que lle perden as formas e durante moitos anos espantou a moita xente que non víu o fondo da cuestión.

Claro que se fose máis "civilizado" non sería Stallman ;)

A pirámide dijo...

O de "un windows vista para gobernalos a todos" parece que xa non cola. Hai que darlle ao lado escuro.

Xan Guindán dijo...

Unha vez, nunha entrevista que lle fixeron en Catalunya, o señor Stallman colleu e botou unha mocada na manga. Titular que lle puxo a xornalista: Stallman, un home tan libre que non precisa pañuelos de papel.

Saúde