miércoles, 14 de febrero de 2007

De regalo co xornal, unha táboa periódica

Supoño que a moitos de vós pasa algo similar. Cando comezou o asunto dos "peones negros" e a teoría da conspiración do 11-M impulsada por Luis del Pino, e alentada por El Mundo, a Cope, Libertad Digital... tentei seguila. Nunca me convencíu, pero home, si recoñezo que despertou a miña curiosidade.

Non sei en que momento pasou, seguramente foi despois do da cinta da orquesta Mondragón, pero o asunto empezou a aburrirme. En linguaxe televisiva, o serial saltara xa o tiburón, e convencinme que, igual que no caso dos Simpsons, por moitas tempadas que fagan, nunca volverei a desfrutar tanto como cos primeiros capítulos.

Pero os guionistas da serie seguiron no seu empeño, ata o punto de que agora hai que desempolvar o quimicefa e a táboa periódica para descifrar o xornal. Algo chungo lle pasa ó xornalismo se durante o xuizo polo maior atentado terrorista do país, os grandes titulares son estos:

ABC: La matanza de Madrid se perpetró sólo con Goma 2 robada de "Mina Conchita"

El Pais: Los peritos del 11-M no hallan sustancias ajenas a la Goma 2 ECO en el lugar del atentado.

El Mundo: Los peritos descubren un componente ajena a la Goma 2 Eco en los focos del atentado.

La Razón: Los peritos detectan en los explosivos del 11-M una sustancia presente en varios tipos de dinamita.

As: Samuel Eto'o dinamita al Barça (e nun blog: Samuel enciende la mecha)

De todo isto, salvo o último (que xa analizaremos outro día xD), podemos concluir:

1) "Lugar do atentado" non debe ser o mesmo que "focos do atentado". Ou iso, ou El Mundo ou EL Pais (ou os dous) minten, manipulan ou meten a gamba.

2) Os explosivos do 11-M tiñan unha sustancia presente en varios tipos de dinamita. Sinceramente, isto é unha revelación grandiosa que xamais se me tería ocurrido.

3) Non sei onde queda "Mina Conchita", pero non penso pasar alí as miñas vacacións.

4) Os medios están tan preocupados por non caer da burra que foron fustigando e emborrachando nestes meses que xa nin se enteran do que din.
Para o final deixo o meu preferido. A captura da primeira noticia que Libertad Digital tivo colgada varias horas dende onte á tarde:



Titular: El nuevo análisis de los restos excluye la presencia de Goma 2 ECO en los trenes del 11-M

Subtítulo: Ahora también hay DNT en la Kangoo, la mochila, Leganés...

Corpo: Los peritos que han analizado los escasos restos de los focos de explosión del 11-M han llegado a la conclusión de que todas las muestras contienen dinitrotolueno (DNT). Esta sustancia está presente en muchos tipos de explosivos como la dinamita Titadyn o la Goma 2 EC. Sin embargo no está presente en la Goma 2 ECO que, precisamente es una evolución de la anterior a la que se le eliminó el dinitrotolueno por ser altamente tóxico. La novedad ahora es que también se ha encontrado esta sustancia en las pruebas ajenas a los focos de explosión. Nunca antes se habló de su presencia en ellas. Hay otras novedades relacionadas con una muestra patrón que ya no tiene metenamina.
...
...
...

Ríndome. Pido comodín do público...

Sinceramente, entendo mellor as bases da mecánica cuántica e da teoría de supercordas que todo isto...


PostMortem: O peor de todo isto, xa veredes, será que calquera día destos sobresaltarémonos coa noticia do mozo de 15 anos que fixo saltar polos aires o seu colexio. Cando confese dirá, "¿os planos para facer a bomba? Saqueinos do xornal..."

10 comentarios:

Elianinha dijo...

Eu engadiría unha cousa que dicían hoxe na SER. O problema deste país é que aínda non se diferencia entre o que é prensa seria e prensa sensacionalista. Pódese seguir a considerar como un xornal de referencia un medio como El Mundo, onde o 90% da súa "información" responde a teorías conspirativas, un medio que ataca e cuestiona sen fundamento o poder xudicial e os corpos de seguridade do estado? E poño por caso El Mundo como poderían ser outros moitos que deliberadamente están conseguindo que o 30% da poboación, segundo a Ser insisto, crea que ETA está detrás do atentado do 11-M.

Chexire dijo...

Si,pero mete na coctelera os seguintes elemento: dende entón non pararon de dar a brasa (e xa sabes como funciona o "se o río sona..."), que o ambiente social e político se crispou cada vez máis, que a opinión pública está moi moi sensible despois do atentado de Barajas... e que xa había un 29% que cría o mesmo hai 3 anos. Pois mira, a min aínda me parece unha cifra escasa.

Agora ben, o que dis é certo, aquí quedan por definir os límites do sensacionalismo na prensa. ¿Pero podemos en calquera outro ámbito? Pensa na televisión, política, espectáculos... Se somos unha sociedade sensacionalista ¿que reflexos sociais podemos ter?

Xan Guindán dijo...

Pero...que prensa é seria? Teoricamente el mundo trata unha serie de noticias de relevancia e de interese xeral, hard news como lle chaman os xornalistas. Eu penso que o problema non está en sensacionalismo ou non sensacionalismo, senón en que algúns medios sirven para expandir a idoloxía de determinado partido e de determinada elite. Evidentemente, cada medio ten a súa liña editorial, e iso é positivo porque aumenta a plurarilade de pensamento. Pero estar máis ou menos preto dunha determinada corrente, non implica mentir, manipular e inxuriar, cousa que parecen crer a xente de El Mundo, a COPE e Libertad Digital

Un saúdo, e parabéns polo blog, é a primeira vez que entro e pareceume moi interesante

Anónimo dijo...

Básicamente estou de acordo contigo. Este é un mal dos medios de comunicación, están a actuar coma estiletes políticos dos partidos hexemónicos coa finalidade última de provocar o bipartidismo e o sistema de alternancia.
Resulta noxento dende calquer puntod e vista o que se fai polo poder, porque non olvidemos que moita parte do poder se sustenta nos medios de comunicación

Por certo, moi interesante este blog. Non o coñecía.

Ninsesabe dijo...

Toda esta trapallada de Jota Pedro deixou de interesarme fai tempo, moito antes do 11 M. Coñecín a ese persoaxe xa cando dirixía Cambio 16 e propoñía como solución contra ETA o uso do exército español. Xa vos podedes imaxinar o que pasaría en Euskadi. O problema son dous, na miña opinión. O que di Elianinha e outro que se nos esquence: que o PP perdeu as eleccións...Polo demáis non estou de acordo nunca coa teoría da equidistancia, iso de que tan bo e Xan coma seu irmán. Diso nada. O País ten a súa ideoloxía, faltaría máis, pero o Mundo é pura bazofia desinformativa. Prefiro mil veces ABC.
Por certo, este blog é unha preciosidade...Cando sexa maior (un pouco máis) a ver se dou feito un así. Noraboa.

Anónimo dijo...

Coido que toda esta "bosta" que leva votando o Mundo, xa non deberiamos facerlle máis caso, iñoralos, non falar máis deses profesionais da crispación e esquecer que non existen. Iso é o que queren eles que sigamos coa bola de neve. Que lles den.......

Elianinha dijo...

Eu tamén prefiro o ABC, como di Nonsesabe. De feito, creo que fora no Mundo ou na Cope onde se falara de ruído de sables cando o do Estatuto catalán. Iso é certamente perigoso.

elduende dijo...

O ‘truco’ da conspiracousa do 11-M e que, normalmente, nunca cha explican enteira porque ten máis furados que os calcetíns do presidente do Banco Mundial, a parte de ser un coñazo. Pode resumirse en que hai un supervilán con poderes hipnóticos que enganou ó goberno do PP sobre a autoría do atentado, para facelos quedar mal e provocar revoltas sociais, caos e morte.

Para os morbosos, aquí hai un sesudo resumen crítico de toda a película.

Chexire dijo...

Duende, agradézocho moito, porque eu perdinme varios capítulos da conspiración que non dou atopado no eMule, e andaba máis perdido que Adán no Día da Nai. De todas formas, se iso é o que entendes por resumo, avísame cando vaias ler a túa tese, que necesito reservar unha semana...

Todos tedes razón en que a prensa apesta, sexan cales sexan as súas motivacións reais. De todas formas,eu xa non creo que os medios apoien a un determinado partido. Máis ben, a cousa desmadrouse tanto que son os políticos os que defenden as liñas de investigación dos xornais! Son os directores, editores e redactores os que están encabronados e defenden as súas teses como cuestións de honor, e de vez en cando saen Zaplana, Acebes ou Pepiño a deixar o seu velado apoio ou a burlarse delas...

Pero non nos equivoquemos, que mentres nós lle damos voltas aquí, a atención mediática non estivo no xuizo do 11-M, nin os petardos de Goma 2. A gran estrela foi Eto'o e a súa rajada.

Por certo, que alegría ver tantas caras novas por aquí. Quedades todos convidados para unha birra virtual ;)

elduende dijo...

Fe de erros: onde pon “resumen” deberia lerse “análise”.