lunes, 15 de enero de 2007

Yahoogle

¿E se nun universo paralelo a interface Google estivese deseñado por Yahoo?
Pois o resultado ben se podería parecer a isto.


Canto máis o vexo, menos me gusta ese estilo recargado de Yahoo. Sinceramente, ¿alguén de vós é capaz de sacarlle algún partido á maioria das funcións que Yahoo trae por defecto na portada?

Vía: Genbeta

6 comentarios:

Madeira de Uz dijo...

A mim tampouco me agrada nada. Entendia-me melhor na versão antiga.

Na nova, por exemplo, muitas vezes não se me abre correctamente a agenda de mails, e quando quero enviar correios a várias pessoas tenho de ir 1x1.

Se ainda está o sistema em 'beta' (oficialmente não, mas na prática sim), deveriam fazer como o Blogger, e deixar que acedam à beta só quem queiram.

Detesto abrir a conta de Yahoo, e procuro abri-la o menos possível.

A única funcionalidade interessante que lhe vejo é a de poder marcar um mail como spam sem necessidade de abri-lo. Mas, depois, é-me tremendamente incómoda a forma de visualizar o resto de mails, e às vezes o ordenata ameaça com colgar-se, porque esta versão é tremendamente pesada e lenta...

Anxo Caído dijo...

Pois se o de Google e Yahoo e abominábel,non che digo nada da "Franglinterra".Sei que este é un tema delicado para ti ;).

Chexire dijo...

Con dicirvos que eu estiven un mes probando a nova versión de yahoomail e volvín poñer a antiga versión porque non me aclaraba. A pesar de que sigo insistindo en que Google se paquidermiza nalgúns servizos, volvéndose máis lento e pesado, hai que recoñecer que cando os probas, é difícil volver atrás.

Antonio, perdoa, hoxe debo estar lento, pero non entendo iso de "Franglinterra". ¿Explícasmo?

Madeira de Uz dijo...

Franglinterra: http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000116270

Sobre os serviços do Google, mira a ver o que che parece esta espécie de 'plug-in para Google': http://www.callwave.com/sms/sms.asp

Chexire dijo...

Uz, o enlace non me funciona (creo que Blogger non o puxo completo) pero xa me enterei do que era iso da Franglinterra.

Realmente sóame bastante a conto chino por moito crédito que lle poidan dar uns documentos do servicio segredo. Unha cousa é que se lle ocorrese a un político iluminado e outra que a cidadanía francesa poidese aceptar por un só momento algo semellante.

Tampouco creo que Isabel II o aceptase. A pobriña tería pesadelos con que o Robespierre de turno poidese aparecer por Buckingam Palace coa guillotina...

Anxo Caído dijo...

[mode Akí hai tomeito on]Eu tampouco lle concedería moito creto.De quen serán?Do MI5?En fin,o problema non sería que lle cortasen a cabeza á "Sabeliña" senón á sua nora Camila...Ben mirado,sairía gañando`.[mode Akí hai patacas off]