jueves, 25 de enero de 2007

¿Por que bostezamos?

Supoño que todos temos preguntas recurrentes sobre as que volvemos cada certo tempo. O eterno retorno, que diría Nietzsche. Unha das miñas favoritas é ¿por que bostezamos?

As respostas que recibín foron variadas ó longo dos anos, dende o "porque estamos cansos" co que miña nai de pequeno me despachaba para a cama anos ata o "porque el cerebro detecta una falta de oxígeno en el organismo" do meu fugaz paso pola facultade de Psicoloxía. Ata agora, ningunha delas me convenceu, tampouco a explicación da wikipedia, así que eu sigo acumulando curiosidades sobre o bostezo.

Hoxe mesmo atopei este texto nunha vella entrada de microsiervos:
"¿Has pensado alguna vez acerca del hecho de bostezar, por ejemplo? Bostezar es un acto sorprendentemente poderoso. Sólo porque hayáis leído la palabra «bostezar» en las dos frases anteriores -y los dos «bostezos» adicionales en esta frase- buena parte de vosotros probablemente bostezará en los próximos minutos. Yo mismo he bostezado dos veces mientras escribía esto. Si estás leyendo esto en un lugar público y acabas de bostezar, lo más probable es que una buena parte de aquellos que te hayan visto bostezar esté también bostezando ahora, y que una buena parte de las personas que vean a la gente que te vio bostezar a ti estén también bostezando, y así sucesivamente, en un círculo de bostezos cada vez más amplio.

Bostezar es increíblemente contagioso. He hecho que algunos de vosotros bostezarais simplemente escribiendo la palabra «bostezar»."

¿Que? ¿Ti tamén caíches? Veña, non me mintas ;)

6 comentarios:

Elianinha dijo...

uaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!! (me estiro tamén)

besbe dijo...

e que ben senta!

Gata Vagabunda dijo...

Un bostezo e mais un estornudo, ¡case nada!

Chexire dijo...

"... e cando diga 3, espertarás e sentiraste moito máis relaxada.

1..., 2.... e...."

torredebabel dijo...

houbo fai tempo un comercial fermoso (mágoa que era dunha empresa telefónica) sobre o bostezo. Busqueino no Youtube pero non o atopei... magoa, era xenial!

Chexire dijo...

Certo, lémbrome del!

Se non me equivoco era de American On line, co eslogan "comunicación" ou "a forza da comunicación" ¿non?

Vírao nun deses maratóns de publicidade que poñían por Canal Plus. Era realmente bo. Eu tamén o busquei agora por Youtube sen éxito. Se o atopo algún día mandareiche o link.