lunes, 29 de enero de 2007

¡Eureka! ¡Gol!

O partido non destacou pola súa brillantez, resultando aburrido, con excesivo predominio da táctica sobre o talento. O seleccionador xermano, Martín Lutero, tentou sen éxito darlle máis profundidade ó seu equipo cambiando a Wittgenstein por Karl Marx. Só a habitual garra e agresividade ofensiva de Nietzsche, que a piques estivo de ser expulsado, tentaba saírse do aletargamento xeral.

A escasos segundos do final, e cando todo o mundo se preparaba xa para a prórroga, unha xenialidade de Arquímedes decidíu finalmente a favor de Grecia. A súa galopada acabou co remate en posición máis que dubidosa de Sócrates. De nada valeron as protestas alemanas. O capitán Hegel defendíu que o gol era en realidade un engadido apriorístico imposible de demostrar. Kant sostivo que se temos en conta o imperativo categórico, o gol só podía existir ontolóxicamente na imaxinación dos presentes. Para Marx, Sócrates estaba clarisimamente en fóra de xogo. Pero o árbitro Confucio, ben asistido polos liniers San Agustín e Santo Tomás de Aquino, limitouse a pitar o final de partido.

A continuación, as alineacións dos equipos e os últimos minutos de partido.

Alemania: Leibniz, Kant, Hegel, Schopenhauer, Schelling, Beckenbauer, Jaspers, Schlegel, Wittgenstein (Marx, min.86), Nietzsche, Heiddeger

Grecia: Platón,Epicteto, Aristóteles, Sófocles, Empédocles, Plotino, Epicuro, Heráclito, Demócrito, Sócrates, Arquímedes




Levaba tempo querendo postear este vídeo dos Monthy Pyton, pero sempre se me pasaba. Hoxe volvín topar con el, así que é unha boa ocasión para amañar o erro histórico.

No hay comentarios: