martes, 16 de enero de 2007

David KB


Este rapaz con tres pares de bolsas debaixo dos ollos e cara de mala ostia é un compañeiro de traballo, e aínda así levámonos ben. Chámase David Cabezón e recomendaríache que lle botaras un vistazo ó seu rincón en flickr, a ver que che parece.

No post anterior xa podedes ver outra foto súa, tomada este domingo durante unha excursión que fixemos por Camariñas e Camelle. Non é fotógrafo profesional, non che falo del porque sexan as mellores que vin na miña vida ou porque teña unha técnica depuradísima pero é que poucas veces vin a alguén desfrutando tanto facendo unha foto e tomándose tantas molestias. E sinceramente, creo que se nota no resultado, a ver que opinas ti. Esa ollada de neno pequeno, capaz de mirar as cousas doutro modo, cunha sensibilidade especial, é cada vez máis difícil de atopar, ¿non cres?

Por certo, non poño este enlace por colegueo ou porque el mo pedise. De feito, estou seguro de que se vai ruborizar. Espero que non se me amole moito, e posto que temos un par de proxectos entre mans, seguro que volvo a falar del por aquí moi pronto.



Enlace: David Cabezón en Flickr

6 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Son espectaculares.
E eu tampouco o digo por peloteo
(faltaría mais, nin nos coñecemos...)

Elianinha dijo...

A parte da gran persoa que é.

Anónimo dijo...

Escribiré y escribiré hasta dejar constancia de mi gratitud!!

Mi anterior comentario empezaba con un "No sé qué decir", pero luego iba una parrafada directa del corazón que voy a tratar de reproducir.

Creo que era algo así como que me honra un montón recibir unos comentarios tan positivos de vosotros, puesto que admiro vuestro trabajo. Detrás de ese simple "Galácticos" -que la gente emite mitad con pitorreo, mitad con miedo-, hay mucho mucho talento.

Muchas gracias por la mención y los enlaces. El post es realmente emocionante!! Se lo tengo que pasar a mi madre :P

Puedo decir muchas cosas buenas de vosotros, pero voy a resumir todo eso en tres virtudes. Tres de las que más admiro en las personas: bondad, dedicación y profesionalidad.

Sois unos monstruos!!

Gracias!

Un abrazo!

Anónimo dijo...

Comentario original :-)))Lo logré!

Non sei que dicir...

É para min unha grande honra seren tan ben considerado por unha xente á que lle teño aprecio polo persoal, pero non só por iso, senon por seres posuidores dalgunhas das cousas que máis admiro nas persoas: bondade, dedicación e profesionalidade.

Gracias de verdade pola referencia, polo post e por vos mesmos.

Cando aínda tendo tres pares de bolsas hai xente que ten dúas ducias delas, se é divertido traballar é por xente coma vos.

Gracias por todo. Sodes guais, uns "pencos" xeniais :-))

Sniff Sniff

Alana dijo...

Sniff, sniff... Buh David, neno, buh un poco más y me haces llorar... En fin, que pola miña parte xa sabes o que opino das túas fotos así que sobran máis palabras que pedirche que sigas dándolle de comer ó flickr ;)

Ah, e que ademais molas mil, penco!

Aldo Roda dijo...

Coñecín a David o pasado domingo, e a verdade que había tempo que non me ría tanto. Ademáis nunca vina un fotógrafo que dexase usar a súa cámara tan alegremente. E a Marquiños nada menos!

O caso que onte estuven vendo as fotos do flicker, e as vin todas. É case hipnotizante, son boísimas.

Continúa adiante e seguro que acabas saíndo da Feuga.