viernes, 12 de enero de 2007

Anasagasti

Nestes días de incertezas, de dúbidas e de baixón moral tralo atentado de Barajas, desvelóuseme dunha forma diferente a figura dun político que tiña bastante esquecido, Iñaki Anasagasti. A lectura do seu blog converteuse na vaselina que minimiza as constantes saídas de tono das últimas semanas. Lonxe dos "quítame de allá esos lemas", cada post reflexa mesura e serenidade sen fuxir da crítica constructiva ou da autocrítica (si, liches ben "político" e "autocrítica" no mesmo párrafo).

Date unha volta por alí e verás que ten pouco que ver cos pseudoblogs panfletarios e incendiarios que moitos políticos usan ultimamente como púlpitos e extensións das súas roldas de prensa. En ningún momento deixa de actuar como militante e responsable do seu partido, pero si é capaz de ver máis alá, incluso de dialogar cos comentaristas disconformes coas súas ideas.

Por certo, mesma alabanza para o talante de Josu Jon Imaz, salvando as distancias impostas por un rol público moito máis activo. Durante a entrevista de hai uns días na Ventana de Gemma Nierga (terreo nada hostil, iso é certo) mostrouse tremendamente responsable e sagaz, sen permitirse un só desliz e tendendo constantemente pontes cara a concordia entre partidos. E sen ambiguidades onde non se deben ter. Quizais sexa só de cara a galería, pero a maioría non se molesta nin en finxir.

3 comentarios:

cneirac dijo...

Concordo na súa apreciación, Chexire. Para cando un Camilo? Beiras? escribindo un blog?

Madeira de Uz dijo...

Anasagasti sempre foi um homem que mediu (e muito) as suas palavras em público... o qual não quer dizer que não tenha tido alguma metedura de pata (quem tem boca, já sabe o que lhe toca).

Outro tanto com Imaz (bastante mais discreto, por certo, que o seu colega de partido).

E sobre a proposta de Calidonia de terem blogue Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras... eu, a verdade, gostaria muito, sobretudo porque encarnam parte das correntes críticas com a actual deriva do BNG cara à Terra de Algures perdida.

Chexire dijo...

Si, estaría ben que cada vez máis políticos se tomasen en serio o de ter blog, sobre todo aqueles máis críticos coas liñas oficiais.

Iso si, sempre que non trasladen os mesmos fallos que os discursos públicos parecen levar instalados por defecto. Sería bonito que os blogs dos políticos servisen como terapia para quitarse dramatismo e rirse un pouco de si mesmos ;)


Non sei, pero