E rematando a sesión de autobombo
comezada hai un par de días, anunciamos por fin que a criatura saiu da fase larvaria: o especial web "Cortázar en Galicia" xa está colgado na rede. Foi un parto doloroso, pero parece que o bicho sairá adiante ;)
Podedes acceder a través do banner colocado na web do
CGAI ou na dirección
www.cgai.org/juliocortazar. De momento pódese visualizar en galego e castelán pero nos próximos días engadiranse tamén as versións en francés e inglés.

A web realizouse con motivo do ciclo "Outono Cortázar"que reuniu en Santiago a expertos na obra do escritor arxentino e que tiña como estrela a exposición "Ler imaxes: o arquivo fotográfico e fílmico de Julio Cortázar". O especial multimedia nace como unha extensión desta expo, facendo unha recreación virtual en 3D dos dous espacios nos que estivo (Pazo de Fonseca e Igrexa da Universidade). Dende aí, é posible acceder a boa parte do material exposto. E digo boa parte, porque ó noso pesar, autores dos dereitos dalgunhas fotografías e vídeos non tiveron a ben cedelos para a mostra virtual. Por iso, aínda que se tentou respetar ó máximo a esencia da exposición orixinal, vímonos obrigados a facer algúns axustes para non deixar algunhas zonas completamente descompensadas respecto a outras.

A páxina tamén tenta expoñer brevemente dúas "patas" do vínculo de Cortázar con Galicia: as
viaxes que fixo por aquí coa súa muller, Aurora Bernárdez, orixinaria de Maside (Ourense) e a súa relación con
exiliados galegos como Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste ou Lorenzo Varela. As outras seccións son
Cronopioloxía, que fai un repaso gráfico ás datas fundamentais da súa vida, e
Universo Cortázar, tres minúsculas "pílulas animadas" ambientadas na literatura cortazariana.
O traballo foi realizado integramente por catro xornalistas con coñecementos moi "caseiros" de flash e programación web. E iso nótase. Non se trata dunha deslumbrante experiencia interactiva chea de virguerías, senón que dadas as nosas limitacións técnicas, tentamos facer fincapé no contido.
Espero vos parezca polo menos digno, e que tras visita-la web, fagades unha mínima contribución económica para que os artistas poidan acudir no 2007 a cursos de animación flash, programación e perfeccionamento de deseño 3D ;)

7 comentarios:
Autobombo, autobombo!
Xa que os demáis non vos movedes moito na promoción, alguén ten que facelo ;)
Autobombo si, pero tu no viste lo que dijo la Eliana en su blog, eh periquita...
Y en otro orden de cosas...
Un ghustazo traballar con vós os tres, rapases. Aghora a polo próximo pra que nos dean un Malofiej ;)
Ademais, eu te rimito ao post autobombo I, http://cronicasdeoz.blogspot.com/2006/12/cortzar-e-galicia.html
Se pensas que non había mostras de cariño. Ou pensas que un blog é para zugarnos as pirolas, neno! (Dobraxe realizado pola CRTVG).
Sinceros parabéns para todo o equipo!
Encantoume
Queremos máis!
Graciñas, Leco.
Esperamos ter a oportunidade de repetilo no futuro, porque foi unha moi boa (aínda que agotadora) experiencia.
A ver se para a próxima non temos tantos problemas cos dereitos de autor do material exposto, que nesta ocasión case acaban con nós...
Publicar un comentario