jueves, 21 de diciembre de 2006

¿Dereitos para robots?

Contan en Xataka que o goberno do Reino Unido encargou un informe que estudia a cuestión dos posibles dereitos dos robots nun horizonte lonxano (alá polo ano 2056). O tema pode parecer excesivamente frívolo nun escenario no que moitos seres humáns ven recortados paulatinamente os seus dereitos a cambio dunha falsa sensación de seguridade. De feito, cabe preguntarse se por aquel entón todavía existirá ese palabro.

Sen embargo, tampouco vén de máis que os gobernos e as sociedades poidan ir preparándose para abrir debates que nas próximas décadas serán difíciles e complexos de entender. Non se trata tanto de equiparar esos hipotéticos dereitos e deberes ós das persoas e animais, senón de anticipar e imaxinar outras novas necesidades nun mundo onde a intelixencia artificial vai regular importantes fluxos de información. ¿Debería ter un ordenador intelixente "dereito de confidencialidade" que impedise revelar as súas bases de datos? ¿Ata que punto poderán entrometerse nunha conversación as digievolucións de motores de búsqueda contextual tipo adSense?

A medida que avance a tecnoloxía cognitiva tamén se volverá moi difusa a liña no campo da enxeñería biónica. Tarde ou temprano, chegarán próteses de orgános e sistemas sensitivos artificiais capaces de conectar co sistema nervioso que seguramente sexan máis eficientes que os naturais. Postos a crear un ollo artificial, non tería moita lóxica impoñerlle as limitacións do ollo humán (pérdida de sensibilidade nocturna, por exemplo) ¿non?. Nese caso, deberíamos plantearnos se un home con ollos "robotizados" pode ter os mesmos dereitos que os demais á hora de solicitar un emprego que precise de gran agudeza visual.

Preparémonos tamén para os problema de patentes e dereitos de autor. Se xa é posible rexistrar lugares públicos ¿pensades que van deixar pasar o chollazo dos órganos artificiais? Xa vexo a SGAE cobrando canon por cada corazón artificial e marcando os cerebros biónicos con protección anticopia e DRM...

Vale, estáseme indo a olla e debería ver menos pelis "cyberpunks". Pero cando chegue o día en que as máquinas se rebelen contra as 3 leis da robótica, a min non me veñades chorando xD

Enlace: Xataka
Máis info: Financial Times

2 comentarios:

Elianinha dijo...

Juan Varela tamén fala diso, e profundiza na versión máis rendible: cobrarlle impostos aos robots. Si, que sintan, que teñan dereitos, claro, pero cotizando, que senón non chegamos a ter pensión.

Chexire dijo...

"Por que me han programado para sentir dolor y para pagar impuestos!"