jueves, 21 de diciembre de 2006

Stellarium, o teu planetario privado

Se te perdiches a última choiva de estrelas porque tiñas que madrugar ou ver ese eclipse de sol que só foi visible ó outro lado do mundo, deberías botarlle unha ollada a Stellarium. Trátase dun planetario virtual moi completo, gratuito, opensource e multiplataforma. Conta cun catálogo de máis de 120.000 obxetos e múltiples opcións de visualización que che permiten ir a unha data ou a un lugar concreto.

O seu funcionamento é moi rápido e intuitivo, con múltiples axudas para principiantes e uns efectos realmento fluidos, especialmente no relativo o zoom e á búsqueda. Case, case como ter o telescopio hubble na casa. Obviamente, non é igual que contemplar o ceo de verdade, pero o efecto proxectándoo no teito dende un cañón non debe estar nada mal...


No hay comentarios: