viernes, 22 de diciembre de 2006

A maxia dos efectos visuais

¿Compartides comigo esa desagradable sensación de cando estades no cine e un efecto visual "canta" e se ve pegote? Entendo que pase cando unha película ten varios aniños (parece que o propio ollo se vai volvendo máis esixente a medida que a técnica avanza), pero é inxustificable nas películas novas. Se os creadores non saben facelo ben, que opten por outro camiño. É o paradigma: "Manolete, si no sabes, pa que te metes".

A segunda parte de "Piratas do Caribe" aburríume moitísimo, pero recoñezo que os efectos visuais están moi logrados, basicamente porque consiguen que ós 10 minutos te esquezas de que están aí. Non costa en absoluto admitir como verosímiles os personaxes fantásticos e entrar na ilusión visual que che propoñen. Detrás deste xenial traballo está "Industrial Light & Magic", fundada por George Lucas, que lanzou este microsite moi logrado que explica o proceso e propón algúns xogos sorprendentes.



PostMortem: O que eu non sabía ata hai ben pouco é que o departamento de informática gráfica de Light & Magic foi mercado no seu día por un señor que vendía ordenadores chamado Steve Jobs. O resto da historia, seguramente sexa máis coñecido...

__
Vía: Blogdecine

1 comentario:

Gata Vagabunda dijo...

O meu problema como espectadora de cine é que na maioría das ocasións o abuso de efectos especiais provócame a sensación de estar ante unha pantalla de videoxogo. Incluso en "entornos fantásticos" cóstame crer os efectos, aínda que sexan de moita calidade.

Un exemplo dunha boa utilización dos efectos especiais plenamente xustificados (e moi fermosos, por certo) pode ser "El laberinto del fauno". Unha ración de bó gusto é mais determinante que o ter a metade do presuposto hipotecada nos efectos.