Xeoevolución das relixións
O recomendable sitio Maps of War incorpora unha nova infografía, esta vez coa evolución histórica e xeográfica das grandes relixións. Bótase en falta un mínimo de atención ós cultos minoritarios, pero se só lle podes adicar un par de minutos resulta moi ilustrativa e didáctica. Igual que nos anteriores mapas interactivos, ofréceche a opción de descargarte o arquivo swf.

PostMortem: Unha dúbida. Cando se fala de choque de civilizacións ¿refírense ás grandes culturas relixiosas? ¿ é un eufemismo para non falar de batalla entre moros e cristiáns? ¿ou non ten nada que ver coa relixión? Non é unha pregunta retórica, en serio, é que non o acabo de pillar...
Vía: Menéame
No hay comentarios:
Publicar un comentario