Galicia Cortázar

Ben, pois hoxe preséntouse no Clube de Prensa de Santiago o especial web “Cortázar e Galicia”, realizada con motivo deste ciclo e que é o primeiro traballo dun pequeño equipo de xornalistas no que estou metido. A páxina vai tardar aínda uns días en estar colgada, pero xa vos avisarei para que nos tiroteedes a críticas! De momento, só quero aproveitar a ocasión para agradecerlle a Eliana, Marcos e Silvia (que así se chaman os tres delicuentes que traballan comigo) o seu esforzo e a súa paciencia á hora de aturarme.
Como adianto, déixovos algunhas imaxes da exposición virtual recreada en 3D e esta animación integrada na páxina. Está basada no relato “Cronopios e tartarugas” da xenial obra “Historias de Cronopios y de famas”. Pouco ten que ver co resto da web pero ¿a que quedou chusquiña?
6 comentarios:
Pois sí, éche unha animación ben bonita.
Xa nos amosarás o resultado do teu traballo, que aínda que recén chegada, son unha gata moi curiosa :)
(Recomendación: Hai un conto infantil de Ramón Caride moi lindo que homenaxea ó cronopio)
AH,pois teño que buscar ese conto.
A verdade, é que levamos un empacho de Cortázar, pero foi moi agradable.Bueno, había momentos que lle tiña certo odio, pero pasábaseme pronto.
Postos a ter unha sobredose, mellor con el que con outro ;)
Que riquiña é a tartaruga! Se é tan feita que ata no Caney poñen bolos de pan coa súa forma...
Confeso que descubrín a Cortázar con este traballo, e non estivo nada mal para un primeiro achegamento, ;), pero como a compaña era boa, mellor, dígoo como delincuente.
A verdade é que estou moi orgullosa do noso traballo, non está nada mal para comezar. O que nos queda por diante!
Agora, a seguir con novos proxectos, loitar contra o lado escuro para non caer ao outro lado da forza e lograr restablecer o equilibrio no universo. Vamos, que está chupao!
Moi xeitoso, a verdade que si. Pero se cadra un pouco escuro, aínda que son cousas dos progrmas do 3D (e digo por experiencia lease Samos).
Duro con iso e moita sorte aos catro.
Gracias por tu momento telediario de Antena 3, Juan. Te recuerdo que tengo en mi mente una crítca cons/des tructiva en mi cabeza. Pronto la conocerás.
Cabaleiro, imaxínate como de grande será o momento Antena 3, que a presentación ata sae no Galicia Hoxe. Vamos, que de aquí ó Premio Nobel da infografía está chupao ;)
E iso de restablecer o equilibrio no Universo tamén está feito, Elianinha. Pero antes, tés que ler a bibliografía completa de Cortázar, que aínda che quedou pendente.
Serxio, é certo que seguramente as imaxes se vexan escuras sobre fondo branco. Espero que cando as vexas na páxinas, co contraste dun fondo de cor, se vexan mellor.
Publicar un comentario