lunes, 18 de diciembre de 2006

Kiwi, pilula de arte 3D

Hai algúns días falábavos do pouco que me atraen as longametraxes de animación 3D que se estrean ultimamente. Os estudios prestan unha atención cada vez maior á técnica visual descoidando uns guións que se enchen de clichés e tópicos.

Menos mal que as curtas, os espacios menos comerciais do cine, seguen a ser un refuxio para a creatividade. Kiwi, de Dony Permedy, xa ten algún tempo, pero hoxe volvín topar con el. É posible que non sexa tecnicamente impresionante, pero sabe "toca-la fibra" cunha idea pequerechiña moi ben contada. ¿É tanto pedir?



Enlace: Ver Kiwi en quicktime (38 mb)

No hay comentarios: