martes, 2 de enero de 2007

TheCuso

¿Que terá o ilusionismo que nos fascina tanto? Podes dicirme que a curiosidade polo descoñecido, pero tampouco sei como construen as plataformas petrolíferas no medio do mar, pero non sinto o mesmo interés.

Vía Microsiervos, descubrín hoxe a TheCuso, un mago vigués que vai ser un megahit do Youtube. As palabras sobran, así que che deixo aquí o enlace ó seu blog e cunha das súas xoias. Xa perdín a conta de cantas veces o vin; seguro que Cuso estase partindo imaxinándose como tentamos destriparlle o truco...



PostMortem: Falando de magos, dentro de pouco máis dunha semaniña estrean "O truco final", a última de Christopher "Memento" Nolan. Levo tempo agardando por ela. A ver con que nos sorprende esta vez.

4 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

¿E non fuches ver "O ilusionista"? hai quen opina que é do mellorciño do ano...

De Nolan non me fio, que despois de "Memento" non fixo mais que dar tumbos. Ainda así admito que o trailer que vin onte mesmo no cine resultaba prometedor.

Chexire dijo...

"O ilusionista" foi moi desilusionante, e valga a rebuznancia.

Pareceume que o único que non se decatara do truco era o propio director porque xa estaba claro media hora antes do final. E mira que me gusta Edward Norton, pero ultimamente quedouselle atascada unha cariña de asco que non se da sacado ;)

Sobre Nolan, ¿non che gustou Batman Begins? Non me parece unha obra mestra, pero polo menos entretida, e moito máis elaborada e divertida que os Batmans de Joel Schumacher (arrepíos me da recordalas.. Brrr...)

Gata Vagabunda dijo...

"Batman Begins"... uf, non sei. É unha especie de "quero e non podo", teño a sensación de que se quería facer unha peli diferente, e quedoulles algo medio raro. A anterior, "Insomnia" (¿chamábase así?) pareceume interesante, pero era un remake...

Cabaleiro Sentai dijo...

Da igual, que salga Scarlett hará que sobreviva a la película, aun siendo ésta un bodrio como "La Dalia Negra".