martes, 2 de enero de 2007

Os rostros da morte

Coas súas virtudes e defectos, o New York Times é para moitos xornalistas un dos espellos usados para ver con que curvatura se levanta hoxe a Realidade. Será dificil que algún día consiga sacudirse de todo ese xesto de "xornal de púlpito", esa pátina que o tempo e o prestixio foi acumulando sobre a súa historia, pero sabes que a ollada do NYT é necesaria, e que se non existise habería que ¡nventalo.

"Faces of the dead" é a infografía multimedia sobre ós 3.000 soldados estadounidenses mortos ata agora na guerra de Iraq. Como soe ser norma nos seus gráficos é moi completo, riguroso e sobrio, pero lonxe de deixarse levar pola frialdade dos datos opta por poñerlle rostro a cada soldado, ademais de contar con audio a historia de varios deles.



Só queda agardar que algún día, os xornais se acorden tamén das outras víctimas, os que sufren as guerra que tan ben sabemos exportar, deslocalizar e globalizar.

No hay comentarios: