martes, 2 de enero de 2007

Eroshare, o pornoweb 2.0

As malas lenguas (e non vai con segundas) sempre insinuaron que o avance de internet vai vencellado ó porno. Polo tanto, algo falla na insípida e pulcra web 2.0 ¿non?

Claro que nestas chega Eroshare, basicamente un Flickr pero en versión eróticofestiva. Mesmo funcionamento, sistema de búsqueda e etiquetado. Un clon, pero co atractivo da salsa picante.

Descoñezo se había xa iniciativas similares (eh! non me miredes así, dígoo en serio!) pero en todo caso chama a atención que non teñan a popularidade doutras ferramentas web baseadas no noble acto de compartir. ¿Egoísmo? ¿Pudor? Quizais o sexo non estea listo aínda para as redes sociais ou, se cadra, non somos tan viciosos como pensaban.

Non, vai ser que o sexo non está listo para as redes sociais...

Vía: Genbeta


3 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Ah... ¿pero internet sirve para outras cousas aparte do porno? ;-)

Chexire dijo...

Seica hai xente que usa unhas cousas chamadas "correos electrónicos", que segundo teño entendido serven para que outos che manden fotos porno e powerpoints porno, pero tampouco estou moi ó tanto ;)

Por certo Gata (non sei porque digo "por certo", se non ten nada que ver) viches xa Babel?
Eu repetirei esta noite.

Gata Vagabunda dijo...

Sí, xa vin "Babel". Ó cabo de hora e media cria que estaba a ver un peliculón. A miña percepción cambiou na última parte (para peor) pero pareceume mais que interesante e ben fermosa.