Eroshare, o pornoweb 2.0

Claro que nestas chega Eroshare, basicamente un Flickr pero en versión eróticofestiva. Mesmo funcionamento, sistema de búsqueda e etiquetado. Un clon, pero co atractivo da salsa picante.
Descoñezo se había xa iniciativas similares (eh! non me miredes así, dígoo en serio!) pero en todo caso chama a atención que non teñan a popularidade doutras ferramentas web baseadas no noble acto de compartir. ¿Egoísmo? ¿Pudor? Quizais o sexo non estea listo aínda para as redes sociais ou, se cadra, non somos tan viciosos como pensaban.
Non, vai ser que o sexo non está listo para as redes sociais...
Vía: Genbeta
3 comentarios:
Ah... ¿pero internet sirve para outras cousas aparte do porno? ;-)
Seica hai xente que usa unhas cousas chamadas "correos electrónicos", que segundo teño entendido serven para que outos che manden fotos porno e powerpoints porno, pero tampouco estou moi ó tanto ;)
Por certo Gata (non sei porque digo "por certo", se non ten nada que ver) viches xa Babel?
Eu repetirei esta noite.
Sí, xa vin "Babel". Ó cabo de hora e media cria que estaba a ver un peliculón. A miña percepción cambiou na última parte (para peor) pero pareceume mais que interesante e ben fermosa.
Publicar un comentario