martes, 19 de diciembre de 2006

"Patente" sobre a Torre Eiffel nocturna

O tema dos rexistros e patentes absurdas comeza a chegar a extremos moi, moi preocupantes. Se isto é certo, teríame menos sentido que a patente de microsoft sobre o doble clic. Resulta que agora publicar fotos da Torre Eiffel tomadas durante a noite é ilegal. Polo menos, sen pasar antes por caixa.

Dende o ano 2003, a compañía SNTE encargouse da iluminación da torre e rexistrou o seu deseño, o que polo visto impide a súa publicación. Polo tanto, se vas a París e sacas unha bonita panorámica nocturna coa torre ó fondo, nin se che ocurra subila despois á túa web, ó teu blog ou ó teu album de Flickr. Senón, prepárate para ir falando co avogado...

Descoñecía que os lugares públicos poidesen estar suxeitos a tales restriccións de dereitos de autor. Así que xa sabes, cando vaias de viaxe, asegúrate antes de saber que edificios están baixo licenza Creative Commons ;)

PostMortem: A fotografía desta entrada foi tomada antes do 2003. Que se fastidien os da SNTE

1 comentario:

Elianinha dijo...

Buff, pois menos mal que cando eu fora se me velara o carrete, non soportaría delinquir contra semellante traballo de autoría.