lunes, 11 de diciembre de 2006

Carlito's Way: Pacino, pero que bo é este tío!

Despois de varios anos dende a última vez, onte volvín ver "Carlito's Way" (1993), traducida ó castelán como "Atrapado por su pasado". Se che gusta o estilo De Palma pero saíches cabreado do cine despois de ver "A dalia negra", creme, sei como te sintes, pero esta é a túa ocasión para reconciliarte con el.


É un retrato bestial polo fatalismo e determinismo que impregna cada escea. O descenso ós infernos de Carlito Brigante, un antigo capo do hampa hispano da Nova Iorque dos 70 que tenta refacer a súa vida tras pasar cinco anos na cadea, cheo de boas intencións e proxectos de futuro. Pero amigo meu, o fatum rara vez che deixa escapar polas saídas de emerxencias.

Un Al Pacino en estado de gracia, Sean Penn, John Leguizamo ou Viggo Mortensen demostran o que De Palma, en estado sobrio e apoiado por un guión sólido é/era capaz de facer. Chea de metáforas, matices e suspense, é o máis parecido que vin a un bo relato tráxico nos últimos tempos.

Creo que farei un par de ciclos "Pacino" este Nadal. ¿Algunha suxerencia ineludible?

No hay comentarios: