O acompañante da semana. Manolo Gago
Camiñar está moi ben. É bo para o corazón, para exercitar os músculos e para quitarse de riba todo ese estrés que se acumula na cabeza, aí, nese lugar onde se esconden os nomes e apelidos dos actores dos que nunca te lembras. Pero sexamos sinceros, camiñar sen compañía é un coñazo.
Para iso quero traerme comigo o "acompañante da semana". Cada luns, un novo sitio web actualizará co seu feed RSS a columna da dereita do blog. Así amosareivos as distintas "zamburguesas" polas que vou dando chimpos nos meus paseos pola rede.

Coma profesor, lonxe de adoutrinar, parece usa-las clases como terapia propia para refrescar os miolos. Certo, ás veces é moi cabezón, pero axuda a que a palabra "titoría" deixe de ser para os estudiantes igual que os pasos de peóns para os conductores vigueses: unha mera suxerencia. Toda unha sorpresa ir ó seu despacho e descubrir
1) Que está
2) Que che atende amablemente
3) Que resolve as dúbidas.
2) Que che atende amablemente
3) Que resolve as dúbidas.
Gago consegue imprimirlle este estilo persoal e sinxelo a súa bitácora. Nunca pontifica, tan só susurra, como se dende a ventá da súa casa, che quixera amosar o último misterio que atopou debaixo da cama.
PostMortem: Algún día, se el o permite, hei amosarvos algunhas fotos que elevan o concepto de frikismo a unha nova categoría ;)
4 comentarios:
Un par de apuntes:
Primeiro moita sorte coa nova bitácora, esperemos que experiencias pasadas hagan de este tu camino, más fácil y a la vez más complejo en esta rara experiencia a la que llamamos vida. De verdade, agora que eterrei o espíritu de Les, duro con eles.
Segundo, é certo que sona un pouco a peloteo, pero os vellos alumnos de Gago temos esa imaxe de profesor-friki-colega que non sabemos moi ben porque cae ben e deixa pegada.
E terceiro, como os apres de tres sempe me gustaron, deberías publicar esas fotos, e de feito poderías crear unha sección de fotos fiki ou frikimatón, onde meter esa colección de imaxes que tes de algúns de nós. Se iso te axuda tienes mi permiso hijo mio.
Bo acompañante para o principio. Noraboa polo regreso, que ten moi boa pinta, e as baldosas amarelas sempre levan a un bo destino.
Ah, e como "lingüísta" cañeira e para que te vaias preparando, quítalle ese til a 'bó'. ;)
Estarei atenta, xa o sabes.
Pois moitas grazas por poñerme a camiñar contigo! Toda a sorte do mundo co novo blog: se tira tan ben coma o título seguro que sairá redondo.
Vós aprenderedes comigo, pero sobre todo eu aprendo convosco. E non é retórica.
De nada Manolo. Lémbrame despois que che pase o número de conta polo da campaña de marketing viral xD
Realmente, sei que o post soa bastante a peloteo, pero tampouco ten nada de retórico. Sei que non son o único que pensa que nas túas clases, xurden ganas de "facer cousas", e para os tempos que corren, iso é moito.
Elianinha alias "gran irmá da lingua/Carme Hermidiña", ¿de que falas? Vale, vale, fixen trampas, pero é "estupendo" saber que estás cerca para corrixir tódalas meteduras de patas. Así que xa sei que podo facer petar o corrector ortográfico do word sen cargo de conciencia ;)
Serxinho, tomo nota da suxerencia. Pode ser unha moi boa sección (jejeje)
Publicar un comentario