martes, 12 de diciembre de 2006

Bachelet

Non sigo a política chilena o suficiente como para formarme unha opinión fiable do mandato ou da personalidade de Michelle Bachelet. Sen embargo, cada vez que os nosos medios transmiten algúnha das súas intervencións, asómbrame a súa serenidade, o xesto tranquilo, ese ton amable de matriarca capaz de poñer paz entre os seus fillos demasiado acostumados a pelexar.

Nun momento no que as cicatrices da memoria chilena volven abrirse, supurando a amargura e o odio nunca curados de todo, esta muller é capaz de manexar a situación cunha delicadeza extrema. Nun segundo plano quedan as súas propias feridas, a tortura e o exilio baixo a dictadura de Pinochet, ou a morte na cadea do seu pai, xeneral leal ó derrocado Allende. Neste momento difícil é capaz de impoñer sobre os seus propios recordos a mesura e o sentido de Estado.

"En las últimas horas hemos visto gestos de división que no nos gustan, pero sé que tenemos la fortaleza ética para lograr el reencuentro, ésa es la grandeza de un país, esa es la voluntad íntima de reencuentro sobre la base de una verdad histórica.

La historia se va construyendo y las verdades se van instalando, y no voy a eludir en este momento que yo tengo un concepto conformado acerca de un período doloroso, dramático y complejo que vivió nuestro país. Tengo memoria, creo en la verdad y aspiro a la justicia. Pero la reconciliación de Chile es el gran honor al que podemos aspirar los que queremos mayor justicia, mayor diálogo y un verdadero reencuentro entre nosotros. Asumiendo nuestro pasado, queremos hablar de nuestro futuro."

¿Acaso imaxinades vós algo semellante en España ou en Galicia? ¿Que alguén poida instalar algo de cordura entre tanta confrontación constante e cansina? Véxoo tan difícil. Aquí a memoria só parece servir para afiar as linguas de papel de lixa.


No hay comentarios: