lunes, 5 de marzo de 2007

Libre outra vez, cortesía de Blogger

Como algúns de vos xa sabedes, o silencio que invadíu Crónicas de Oz nos últimos días non se debeu a un ataque de apatía, senón que é responsabilidade única da xente de blogger que nos tivo recluidos nunha celda acusados de facer spam.



Segundo parece, os robots de google pasaron por aquí e consideraron que o contido era de tan baixa calidade que só podía ser obra dun posteador basura que buscaba vender algún producto de segunda categoría como alongadores de penes. Vexan se non a excusa que me puxeron para impedir a publicación de entradas:

"Los robots de Blogger que previenen la publicación de blogs no deseados han detectado que su blog presenta características de blog no deseado. Los blogs que se comportan de este modo se denominan blogs spam y se pueden reconocer por su texto irrelevante, repetitivo o sin sentido."



Elianinha, coa vea sensacionalista que a caracteriza cada vez que ve o Tomate non tardou en clamar ó ceo ¡Censura, censura!, lembrando un episodio vivido nunha conferencia do director de marketing de Google España na que lle preguntamos pola súa baixada de pantalóns en China. O pobre directivo, que non vía moito máis alá do adSense, só foi quen de balbucear un nada convinvente, "bueno, yo creo que los chinos están mejor con Google que sin Google...".

E aínda que Elianinha esaxerou un chisquiño, a "detención" durou case 3 días, tempo que empregou Blogger en verificar que as probas aportadas polos seus robots non soportarían a burrocracia dun xulgado español. Despois dese tempo devolveron a custodia do blog sen dicirme cal dos tres requisitos incumpría para ser un blog spam (¿non ten contido irrelevante? ¿Non é repetitivo? ¿Ten algún sentido algo do que falamos aquí?).

En todo caso, a nota de desculpa enviada polo autodenominaao blogger team non vai poder evitar o inevitable. Non hai traza de síndrome de Estocolmo, así que está decidido: vou migrar a Wordpress. Xa o estivera sopesando seriamente antes de abrir Crónicas de Oz pero no seu momento pesou máis a ausencia de hosting propio e o sentimentalismo vinculado ó meu primeiro blog (tamén aloxado nos servidores de blogger). En todo caso, a decisión está tomada, e é mellor facelo agora que só hai que facer a mudanza de centenar e pico de entradas. Nas vindeiras semanas poñereime a iso, xa vos irei avisando e pedindo axuda ;)

PostMortem: Por certo, graciñas a todos aqueles que me expresastes a vosa solidaridade e ós chuzastes no adsense de Elianinha (que me prometera a metade da recadación mentres durase o secuestro por se necesitaba contratar un avogado). Que saibades que hoxe son 0'10€ máis rico gracias a vós. Snif, que emoción!

10 comentarios:

Anxo Caído dijo...

Como que migrar a Wordpress?Non te vas encarar co Gran Irmán,Winston-con filtro-?Ummmm...Se non che coñecese ben, diría que é pola pasta.En fin,vexo os seus dez céntimos e subo medio bocata de mortadela.Que dis?

Chexire dijo...

Digo que blogger vai ser o primeiro servicio de Google que vou abandonar ;)

E en canto a aposta, odrago a grandes

elduende dijo...

Pois benvido de volta ata que se vaia a Wordpress, señor chexire. E engado que foi un pracer coñecelo en persoa.

Chexire dijo...

Teño que recoñecer que (sen guarradas polo medio, que aquí a xente é moi mal pensada) tamén foi un pracer para min xD

Alana dijo...

Felicidades pola recobrada liberdade, Mr Chexire. A verdade é que é un alivio, non nos convencía non ter que idear plans de fuga con limas dentro de medios bocadillos.

Zerovacas dijo...

Mira sempre debaixo do blog antes de arrancalo. Non vai ser que haxa algún robot deses

Anónimo dijo...

pero que forma teñen eses robots? Son coma o saca-untos?
benvido de novo

Chexire dijo...

Randeeira, eu imaxínomos como os umpa-lumpa de Charlie e a Fábrica de chocolate ou como un exército de coles de bruselas mecanizadas...

Zerovacas, non me jodas, que mira que non me fai coña ningunha ter que moverme agora en patinete!

E señora Alana, alégrome que non se deba romper a cabeza co plan de fuga (xa pode aforrar o salario que ía gastar en sabas de franela xD).

Pero aínda así, teño q recoñecer que a recobrada liberdade me deixa un sabor agridulce. Iso de ser un ciberpreso político súbeche o ego ;))))

Adycto dijo...

enténdoche perfectamente, a min pasoume o mesmo co blog SerDelCelta.
http://xornalaberto.blogspot.com/2007/03/blogger-e-os-contidos-inapropiados.html

Anxo Caído dijo...

Óradgo a grandes?!A min?!Lo veo, mecagüendios!Voume moderar que igual che bloquean os comentarios:P.Por certo, Alana e Chexire,para cando unha tese sobre a xénese e evolución dos medios bocadillos?