martes, 27 de febrero de 2007

Mamoneo


Si, efectivamente, estas son as noticias máis lidas de Elmundo.es. A captura é do venres pasado, pero o domingo á noite seguía sendo idéntico. Magnífico rendemento lle saca o Pedro Jota á filtración da entrevista a García.

E xa que non mo preguntas, vouche dar a miña opinión sobre o asunto. No momento no que me enterei da excusa de TVE para non emitir a entrevista, pensei honestamente que se trataba dun súbito ataque de responsabilidade por parte dos dirixentes do Ente, un modo firme e tallante co que o novo presidente pretendía marcar o territorio. Porque sexamos honestos, ¿alguén que coñeza a José María Gracía dubidou nalgún momento dos sapos e demos que podía soltar pola súa boquiña? Outra xente máis autorizada pensou algo moi similar.

Pero nestas chegou o inevitable. Horas despois da cancelación, o vídeo xa rulaba pola rede. Non por Youtube, senón na versión dixital de El Mundo. García non deixa títere con cabeza, pero máis alá do Imperio do Monopolio, os grandes afectados polas revelacións de García son todo o entorno político, mediático e económico da Dereita española, dende Aznar a Zaplana, de Losantos a Buruaga, de Villalonga a Florentino Pérez. Nin sequera el queda ben parado. Resposta durísimas que ben se merecen un par de condenas por difamacións e calumnias se García non pode demostrar o que dixo.

Si, pero ollo, porque nos corenta minutos non hai un só insulto, a excusa esgrimida por TVE para non emitila. Non só iso, senón que honestamente, creo que sería unha entrevista moi necesaria para que a xente tomase consciencia do mamoneo explícito entre políticos, empresarios e xornalistas.

Entón, ver que TVE prentede silenciar unha entrevista na que os principais damnificados son os protagonistas de telenovela da Dereita Ibérica descolócame. Ver que as poucas horas Pedro Jota é quen consigue a filtración e non ten reparos en primar os intereses económicos sobre a lealtade ós seus amigos desconcértame. Coñecer que a filtración pode ter sido facilitada polo propio director xeral de RTVE indígname. ¿A conto de que un programa financiado cos cartos de todos os españoles merece censura na TV pública, pero non ten problemas para encher a conta de beneficios dunha empresa privada?

Moito mamoneo hai por aquí.

9 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

Ó mellor é que Pedro Jota tamén ten principios... (eu déixoo caer e tal)

Como dicía Groucho, "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros"

En fin... vivir para ver.

Chexire dijo...

A min descolocoume moito esta entrada de Juan Varela, un tío documentado e sabe do que fala..

Hai movementos difíciles de entender, a verdade...

Anónimo dijo...

Coincido contigho totalmente. Ó principio pareceume ben que o censuraran (exercicio de responsabilidade se chama isa figura); pero cando vin que o que criticaba era a xentuza da dereita, alporiceime polo atentado a liberdade de expresión.
Unha aperta, camarada!

Zerovacas dijo...

Chexire liberdade!
Chexire liberdade!

Anónimo dijo...

acabemos coa opresión.

liberdade xa!

Chexire dijo...

Os de Blogger non me contestan, isto xa parece a Administración...

Voulles deixar a fin de semana para que recapaciten, senón comezarei un pseudoblog paralelo nestes comentarios. Ademais, o nome da entrada tampouco lle ven mal a este asunto.

Vai ser algo así como cando ós teus primos se lles inunda a casa e pasan unha tempada na túa casa. Estaremos apretadiños, pero isto vai ser unha festa...

Espero que isto lle valga a Google para recapacitar, senón terá q apandar nos seus servidorescun blog con máis comentarios que números na talla de sujetador de Yola Berrocal

besbe dijo...

Agora xa non importa a talla do sujetador, interesan os kilos que son capaces de aguantar...e eso, a ver se che deixan entrar na túa casa dunha vez.

Zerovacas dijo...

Moito mamoneo, si

Chexire dijo...

"Liiiiiiiiiiibre, como el soooooooool cuando amaneeeeeeeeece...".

O Blogger team decidíu que aínda que o contido do blog parece malo de cojones, non pasou o casting para ser un "blog spam" de verdade. Ou iso, ou acojonouse polas consecuencias que podía ter a folga de fame "á xaponesa" coa que ameazabamos. Así que xa está, libre para seguir posteando banalidades outra vez ;))