A denigración da imaxe
Miña irmá, cumpríu hai un par de meses quince anos. Moi ó meu pesar non manifesta a máis mínima inquietude que vaia máis alá do círculo próximo que a rodea. Nada de informativos, nada de xornais, nada de política. Teño comprobado que ese virus tamén afecta as súas amizades e ós meus primos desa mesma xeración. Claro que iso non me consola en exceso e sigo preguntándome cada día en que fallamos con ela...Polo tanto entenderás a miña sorpresa cando onte me pregunta: "¿Viste cómo se pasaron los del ABC?" e saca esta páxina da súa mochila.
- ¿Pero que é o que che parece mal?
- Pues eso de los dibujitos... Vale que eran asesinos, pero eso no se le hace ni a los animales...
Mires por onde a mires, esta infografía é terrible, totalmente aséptica, mecánica coma se estivese escrutando os últimos datos do IPC. Peor aínda a súa rigurosida na técnica, buscando incluso o punto artístico e plástico. Non falta nin unha soa vértebra e todo o proceso é relatado minuciosamente con detalles do tipo "Si la caída es demasiado corta el reo puede morir estrangulado. Si es demasiado larga puede producirse la decapitación" ou "Cuerda: lubricada con cera o jabón para asegurar el deslizamiento suave".
¿Iso somos os xornalistas? ¿Asépticos escribas dos intestinos da información? Se para iso vale o xornalismo, se a revolución multimedia e infográfica só serve para describir sinteticamente como matar a un home pendurándoo dunha corda, pois noraboa, benvidos á Sociedade da Información.
___
Enlace: Gráfico
Enlace: Páxina completa






8 comentarios:
Os xornalistas temos esa rara habilidade para convertir calquera tema nunha estatística metida nun bote de formol.
"Cuerda: lubricada con cera o jabón para asegurar el deslizamiento suave". É que me parece tremendo! recórdame ao primeiro capítulo de "A dos metros bajo tierra", cando parodiaban a banalización da morte cos eslóganes dos productos funerarios: "la firmeza de los tejidos auténticamente vivos". Máis que unha infografía parece unha publicidade de patíbulos.
concordo, tanto usamos as estratexias para simular a obxectividade que rematamos por creer que é verdadeira. Apertas!
Realmente esa infografía pode xustificarse cun valor puramente informativo?Creo que tod@s sabemos a resposta...
Dende a miña convalescencia, corroboro o dito por ti e polos "contertulios": ese infográfico tipo bricomanía vai na liña do que comentabamos, como vídeos de sangue, berros e insultos. Unha frivolidade tal que non ten nin tan sequera xustificación algunha.
E seguro que recibui felicitacións dos seus xefes.
E agardade uns meses, e ó mellor ata leva algún premio. ¿Que faría o ABC con este tema se fixesen gráficos multimedia? ¿Unha animación das execucións? Supoño que dirían que non, que para iso xa están os vídeos do Youtube...
Inevitablemente, lembreime dun exercicio de autocrítica de Alberto Cairo, que poñía como exemplo do que non se debe facer este
e máis este gráfico sobre atentados de ETA, feitos na prehistoria do departamento de infografía de elmundo.es
Así nos vai...
bicos
Publicar un comentario